ASAGA defende a posta en marcha dunha nova granxa porcina no concello de Friol

O proxecto atopou o rexeitamento do grupo político da oposición do Concello, a pesar de que cumpre con todos os requisitos técnicos e autorizacións necesarias A Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, defende o dereito de calqueira persoa a levar a cabo o seu proxecto agrogandeiro, sempre que cumpra con todos o requisitos técnicos e autorizacións...

A Asociación Agraria de Galicia presenta o proxecto de monitoreo de carbono por teledetección

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) presentou este venres no marco da VI Feria Profesional de Maquinaria, Agricultura y Ganadería, Abanca Cimag-GandAgro xunto co profesor do Departamento de Xeoloxía, Xeografía e Medio Ambiente da Universidade de Alcalá, Daniel Reinoso Moreno, o proxecto de Monitoreo de carbono en sistemas silvopatorales por teledetección. Daniel Reinoso explicou que...

A Asociación Agraria de Galicia participa na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro

A Asociación Agraria de Galicia participa na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro. Esta cita, que se celebra con carácter bianual, está considerada un referente da innovación agropecuaria no noroeste peninsular, a través da que se dan cita profesionais do sector primario, empresas e outros colectivos. Na súa anterior edición, sumou...

ASAJA e ASAGA rexeitan a redución da xornada laboral e alertan do grave impacto para o sector agrario

ASAJA e a Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, expresan o seu firme rexeitamento á redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais aprobada hoxe polo Consello de Ministros. Esta medida, pactada entre o Goberno e os sindicatos, impúxose sen ter en conta as particularidades do sector agrario e sen consenso coa patronal, o que xerará...

A Asociación Agraria de Galicia rexeita a proposta incoherente da CE de subida dos aranceis aos fertilizantes rusos e bielorrusos

O mesmo día en que a Comisión Europea (CE) da a coñecer o seu compás estratéxico para a competitividade europea, presenta simultaneamente unha proposta para impoñer sancións aos fertilizantes rusos e bielorrusos. Esta medida repercutirá gravemente na produción e na competitividade da agricultura española. Sen unha estratexia clara de diversificación, os agricultores europeos atoparanse pronto...

Xa dispoñible o último número da Axenda Agraria

O último número da revista Axenda Agraria está xa dispoñible na web. Entrevistas, reportaxes e novas do sector para manterse ao día da realidade agropecuaria en Galicia. Podedes acceder a esta edición, así como ás anteriores, desde aquí: – Revista ASAGA – A revista oficial de Asociación Agraria de Galicia ASAGA

A Asociación Agraria de Galicia reúnese con Medio Rural para coñecer o cambio na estratexia de vacinación ante a lingua azul

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) reuniuse este luns co director xeral de Gandaria, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, José Balseiros, que nos transmitiu o cambio de criterios do Ministerio de Agricultura ao respecto da vacinación contra a enfermidade de lingua azul do gando ovino e bovino....

Máis de cinco mil agricultores e gandeiros de toda España din non a Mercosur en Madrid

Miles de agricultores e gandeiros chegados de todos os puntos da xeografía española, entre os que se atopaban os representantes da delegación galega organizada pola Asociación Agraria de Galicia, concentráronse esta mañá ante as portas do ministerio de Agricultura para dicirlle ao Goberno español que non queren este Acordo entre a Unión Europa e Mercosur....

A Asociación Agraria de Galicia chama a concentrarse este luns fronte ao ministerio de Agricultura en Madrid

A convocatoria de ASAJA, ASAGA e COAG comezará ás 11 horas e está previsto que se alongue ata as 13.30. As organizacións manifestamos o noso rexeitamento fronte ao recente acordo de libre comercio da UE con Mercosur e a outras medidas similares. A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e a Asociación Agraria de Novos Agricultores...

A Asociación Agraria de Galicia urxe ao Ministerio de Transición Ecolóxica que apoie a modificación do estatus do lobo para protexer a gandería

A Asociación Agraria de Galicia -ASAGA- participou na  sede de Copa-Cogeca (organización europea de agricultores) de Bruxelas nun simposio de alto nivel, denominado “Lobo e gando en España: cara a unha solución europea”, que tivo o propósito de analizar os retos e solucións derivados do aumento da poboación de lobos en Europa e o seu...