ASAGA expresa o seu pesar polo accidente ferroviario nunha xornada de mobilización en Madrid

A organización galega, encabezada polo seu presidente, Francisco Bello, sumouse á concentración para reclamar medidas que garantan a rendibilidade das explotacións e o futuro dos agricultores e gandeiros. Desde ASAGA trasladan o seu profundo pesar polo accidente ferroviario ocorrido este mércores, 28 de outubro, e expresan as súas máis sinceras condolencias ás familias e persoas...

Unha delegación de ASAGA, na mobilización do campo en Madrid

A organización galega súmase ás reivindicacións de agricultores e gandeiros para reclamar prezos xustos, rendibilidade para as explotacións e un futuro digno para o sector agrario. Unha delegación de ASAGA Galicia, encabezada polo seu presidente, Francisco Bello, participará este mércores, 28 de outubro, na mobilización do campo en Madrid para apoiar as reivindicacións de agricultores...

ASAGA promove a modernización do sector agrario en Pontevedra

A campaña prolongarase ata decembro de 2026 coa colaboración da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de mellorar as competencias dixitais do sector agropecuario. A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) desenvolve desde o pasado mes de maio unha campaña de asesoramento e divulgación para impulsar a transformación dixital do sector agrario na provincia de Pontevedra. A...

ASAGA impulsa a transformación dixital do sector agrario en Ourense

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) desenvolve, dende o pasado mes de maio, distintas actuacións de asesoramento e divulgación para impulsar a transformación dixital do sector agrario na provincia de Ourense. A iniciativa ten como finalidade achegar aos produtores agropecuarios as ferramentas e coñecementos necesarios para avanzar na dixitalización das súas actividades e mellorar a...

Publicado o último número da Revista Axenda Agraria

O número de Setembro da Revista Agraria xa está dispoñible na nosa web! Inclúe un balance da histórica vendima que acaba de finalizar en Galicia; entrevistas ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, e ao director de AGACAL, Martín Alemparte Vidal, unha reportaxe sobre a prevención sanitaria nas explotacións gandeira, o análise...

ASAGA en O Termómetro, de AGalega

Desde ASAGA participamos en O termómetro para comentar o problema da suba do prezo do carburante para uso agrícola e as implicacións que ten para o sector da gandería en Galicia, en plena campaña de ensilado. Así o explica Manuel Iglesias, portavoz da sectorial láctea de ASAGA.

ASAGA no programa Bos Días, de AGalega

Francisco Bello, presidente da Asociación Agraria de Galicia, reuniuse en Madrid co ministro de Agricultura, Luis Planas, e outros representantes do sector agrícola para tratar da prórroga das axudas extraordinarias para o gasóleo agrícola e da posibilidade de novas medidas. Bello analiza a situación no sector no programa Bos Días de AGalega.

ASAGA súmase á defensa dos viticultores de Rías Baixas e reclama que se garanta unha contratación de uva xusta e acorde coa normativa

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) súmase ao chamamento realizado polas principais asociacións de viticultores da Denominación de Orixe Rías Baixas para extremar a vixilancia durante a campaña de contratación de uva e garantir que as operacións comerciais se desenvolvan dentro do marco establecido pola Lei da Cadea Alimentaria. ASAGA considera fundamental protexer a viabilidade...

ASAGA, como socio promotor do proxecto G.O. SOST4VID, destacou o potencial da agrofotovoltaica para avanzar cara a unha viticultura máis sostible

ASAGA participou na xornada técnica do proxecto europeo Grupo Operativo (G.O.) SOST4VID, celebrada na Adegas As Laxas, onde puxo en valor o papel da innovación e da agrofotovoltaica como ferramentas para impulsar unha viticultura máis sostible, eficiente e preparada para afrontar os retos do cambio climático. O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín...

Publicado o último número da Revista Axenda Agraria

O número de xuño da Revista Agraria xa está dispoñible! Inclúe unha análise en profundidade da PAC; entrevistas á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e ao director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco Gutiérrez; un repaso ao Pladiga e o Plan de Formación no agro; e moitos máis contidos. Podedes...