ASAGA solicita unha reunión urxente do CRDO Ribeiro para poñer fin ás incoherencias que están a sufrir os viticultores da zona ante unha colleita excepcional

Demanda que se faga un informe serio e rigoroso con datos reais de produción e se incremente un 25% os valores de rendemento das variedades lado e treixadura A Asociación Agraria de Galicia-ASAGA vén de solicitar ante o CRDO Ribeiro a convocatoria urxente dun Pleno deste órgano co fin de analizar o que está a...

ASAGA subliña que as vacinas son practicamente a única ferramenta para loitar contra enfermidades vectoriais como a EHE

Considera prioritario vacinar aos animais das provincias máis afectadas polo virus hemorráxico, medida na que as Administracións deben apoiar aos gandeiros As vacinas son practicamente a única ferramenta para loitar contra enfermidades vectoriais e de natureza multi-hospedador, como a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) ou a lingua azul, segundo subliña a Organización Colexial Veterinaria (OCV). Ambas...

Francisco Bello aposta pola sostibilidade e a transparencia como garantes da estabilidade e equilibrio do sector lácteo galego

Tras unha reunión coa conselleira de Medio Rural, na que aproveitou para pedir a intercesión da Xunta ante o Ministerio e lograr que axilicen as axudas da EHE O presidente da Asociación Agraria de Galicia -ASAGA, Francisco Bello, mantivo unha reunión esta mañá coa conselleira de Medio Rural, María José Gómez, para abordar a situación...

Xa podedes ver o novo número de Axenda Agraria na nosa web

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. No seguinte enlace podedes ver on-line ou descargar tanto a revista de xuño/xullo coma as anteriores: – Revista ASAGA – La revista oficial de Asociación Agraria de Galicia ASAGA      

Verín acolle Demoviña, un escaparate de maquinaria e innovación dedicado á vide

O 24 de xullo, Demoviña chega a Ourense para ofrecer as mellores solucións para o viñedo nunha cita única para todo o sector agrario A Revista Campo, da man de Agromillora-VCR e o grupo Martín Códax, asócianse para celebrar, o mércores 24 de xullo, a segunda edición de Demoviña, o maior escaparate de maquinaria e...

ASAGA reitera que a nova Lei de Restauración da Natureza ameaza con converter á agricultura e á gandeiría en actividades non rendibles

O texto foi aprobado polo Consello de Medio Ambiente unicamente cos votos necesarios para que continúe a súa tramitación A Asociación Agraria de Galicia – ASAGA, vén de reiterar o seu convencemento de que a futura Lei europea de Restauración da Natureza suporá graves prexuízos para o agro galego, con “consecuencias económicas devastadoras para o...

ASAGA reitera que non existe ningunha razón de mercado que xustifique a baixada dos prezos do leite

Felicita a Naturleite polo compromiso amosado de manter os actuais prezos do leite e amosa o seu desexo que outras industrias sigan este comportamento Ante o anuncio realizado esta mañá pola empresa Naturleite de manter o prezo do leite que paga aos gandeiros galegos, a Asociación Agraria Galega manifesta a súa satisfacción polo compromiso amosado...

Francisco Bello trasladoulle á directora xeral de Patrimonio Natural a situación límite dos agricultores e gandeiros polos danos da fauna salvaxe nos cultivos

ASAGA propón a adopción de plans de control efectivos, axilización de trámites, incremento de indemnizacións e medidas preventivas O presidente da Asociación Agraria de Galicia – ASAGA, Francisco Bello, mantivo recentemente unha reunión coa directora xeral de Patrimonio Natural, Maria Sol Díaz, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, con quen abordou as consecuencias...

ASAGA denuncia que as industrias compradoras de leite ofrecen inxustificadas baixadas do prezo na renovación dos contratos cos gandeiros

Insta ás empresas a que retiren as ofertas e ás administracións a que convoquen as partes para analizar a situación A Asociación Agraria de Galicia – ASAGA vén de constatar estes días unha práctica pouco ortodoxa por parte das industrias compradoras de leite ao propor a renovación dos contratos cos gandeiros con dous meses de...

Francisco Bello aposta por un diálogo fluído entre Medio Rural e ASAGA na procura da mellora do sector agrogandeiro de Galicia

Na reunión mantida hoxe coa conselleira de Medio Rural, trasladoulle os asuntos que máis preocupan ao sector coma a devolución do IVA por parte de Facenda O presidente da Asociación Agraria de Galicia – ASAGA, Francisco Bello, mantivo recentemente unha reunión coa nova conselleira de Medio Rural, María José Gómez, a quen lle trasladou a...