Cada ano subscribímoslles ós nosos asociados galegos mais de 3.500 primas. Os nosos técnicos encárganse de informar, asesorar e tramitar calquera tipo de seguro agrario, de maquinaria e de vehículos. Ademais dos específicos do noso sector, xestionamos contratos de pólizas de seguro de vivenda, accidentes ou vida.
A Asociación Agraria de Galicia firmou convenios con Agroseguro e coas compañías aseguradoras máis importantes do sector para a contratación dos mellores seguros para as colleitas, a maquinaria agrícola ou as intalacións gandeiras de cada interesado, acadando para os afiliados importantes descontos.