A Asociación Agraria de Galicia Loitamos para que o medio rural galego siga vivo e cun futuro cheo de oportunidades www.asaga.gal A nova web da Asociación Agraria de Galicia nace co obxectivo de convertirse no portal de referencia do sector agropecuario galego A Asociación Agraria de Galicia Intentamos mellorar as condicións laborais no agro, así como a formación dos seus profesionais

A sede central da Asociación Agraria de Galicia conta cunha rede informática que permite leva-la xestion do IVE, rendas e todo tipo de obrigas fiscais e tributarias mediante un programa informático especialmente deseñado para a contabilidade de explotacións agropecuarias. Con el obtemos interesantes índices económicos para a súa interpretación e toma de decisións. As explotacións acollidas a este servicio -lácteas, cárnicas, vinícolas e hortícolas- obtiveron uns resultados económicos sobresaíntes.

Os nosos socios tamén contan cun servicio de asesoría fiscal cunha consultoría externa que, ademais de telos informados puntualmente, resólvelles o cumprimento de tódalas obrigas formais derivadas dos impostos que lles afectan. Nas nosas oficinas tramítanse unas 15.000 declaracións do IRPF cada ano e, ademais, tamén solucionamos problemas e asuntos laborais que xurden cando os asociados teñen empregados a conta.