O sector galego concentra máis do 40% da actividade económica madereira de toda España. Por iso, considerámo-la silvicultura coma un dos campos prioritarios de traballo. Desenvolvemos un conxunto de iniciativas que marcaron a pauta e que son unha referencia para toda a cadea productiva “Monte-Industria” de transformación. Só a título de exemplo, a nosa actividade podería resumirse nestas cifras: 3.500 actos informativos anuais, 9.000 silvicultores formados, 12.000 visitas a fincas forestais, 4.000 expedientes de repoboación tramitados e 8.000 hectáreas de monte melloradas.