As organizacións ASAGA e ASAJA valoran como un paso fundamental o aval do Parlamento Europeo para someter o acordo UE-Mercosur a control xurídico e destacan que esta decisión é tamén froito do papel activo que as organizacións desempeñaron desde COPA-COGECA, impulsando as mobilizacións celebradas en Bruxelas e Estrasburgo. ASAGA y ASAJA subliñan a importancia das organizacións e a representación agraria para que as demandas do sector cheguen aos centros de decisión europeos e poidan traducirse en avances concretos, e agradecen o compromiso dos agricultores e gandeiros que participaron nas mobilizacións para defender un acordo xusto e equilibrado para o sector agroalimentario.
Desde ASAJA e ASAGA valórase como un paso fundamental a aprobación, esta mañá en Estrasburgo, no Pleno do Parlamento Europeo, da solicitude para someter a control xurídico, mediante un ditame do Tribunal de Xusticia da Unión Europea, o acordo UE-Mercosur. Esta decisión permite avanzar na análise dun acordo que o sector agrario e gandeiro ven denunciando desde fai tempo polo seu grave impacto económico, produtivo e territorial, así como polas dúbidas xurídicas e políticas de fondo que plantexa. O presidente nacional de ASAJA, Pedro Barato, subliñou que a aprobación desta solicitude “reflicte que existen dúbidas xurídicas e políticas reais sobre o acordo UE-Mercosur” e confía en que este ditame “sirva para frear a ratificación dun acordo claramente desequilibrado e prexudicial para os agricultores e gandeiros europeos e que pon en risco a viabilidade de miles de explotacións”. Desde ASAGA e ASAJA fan un chamamento ao Goberno de España para que defenda ao sector agrario e gandeiro, garantindo o principio de reciprocidade e unhas condiciones de competencia xustas.
As organizacións destacan que o acordo vaia a ser sometido a un exame xurídico, un elemento clave ante un texto que xera desequilibrios e competencia desleal para o campo europeo e, en particular, para o sector agrario e gandeiro español.
ASAGA e ASAJA lembran que este avance se produce tras semanas de traballo e mobilización do sector, impulsadas desde o ámbito europeo, desde o COPA-COGECA, e subliñan a importancia da organización e a representación profesional agraria para que as reivindicacións do campo cheguen aos centros de decisión. As organizacións agradecen, por último, o compromiso dos agricultores e gandeiros que participaron nas mobilizacións de Bruxelas e Estrasburgo, cuxa implicación foi clave para que este debate se sitúe na axenda política europea.
- Galego
- Español
