ASAGA alerta das funestas consecuencias que terá a Lei de Restauración da Natureza se finalmente se aproba no Parlamento Europeo

A proposta de lei presentada por un eurodeputado do PSOE reintroduciu no texto os ecosistemas agrícolas que xa foran rexeitados pola maioría de da Eurocámara O negociador principal no “trílogo” (negociación) e ponente da proposta da Lei de Restauración da Natureza do Parlamento Europeo, o eurodeputado socialista César Luena, reintroduciu os ecosistemas agrícolas no texto...

Xa podedes ver o novo número de Axenda Agraria na nosa web

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/

ASAGA pide á Deputación de Lugo que reconsidere o incremento das tarifas do Centro de Recría Gayoso Castro

Tendo en conta a difícil situación actual do sector, o ente provincial debería apoiar aos gandeiros asumindo a subida dos costes no seu centro de Castro de Rei Para a Asociación Agraria de Galicia, a decisión da Deputación de Lugo de aumentar as tarifas do Centro de Recria Granxa Gayoso Castro poder ter unhas consecuencias...

ASAGA califica “moi positivamente” a decisión da Comisión Europea de revisar as normas de protección do lobo

Dende esta asociación xa se solicitou varias veces que se rebaixase o estatus de protección deste animal, ante as graves consecuencias que podería sufrir o medio rural A Asociación Agraria de Galicia valora moi positivamente a decisión da Comisión Europea de revisar o estatus de protección do lobo. Dende esta institución comunitaria manifestaron que, “tendo...

ASAGA asina un convenio con ENCE para potenciar o sector forestal en Pontevedra

O presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, asinou hoxe en Pontevedra un convenio con ENCE, dentro do seu proxecto “Plan Social 2023”, para a realización de varias xornadas divulgativas do sector forestal na provincia de Pontevedra. No seguinte enlace podedes atopar máis información: Ence entrega las ayudas de su Plan Social Pontevedra para proyectos...

ASAGA mostra a súa indignación pola aprobación da Lei de Restauración da Natureza no Parlamento Europeo

A Asociación Agraria de Galicia, en primeiro lugar, quere poñer de manifesto que sempre recoñeceu a importancia de preservar e protexer o noso entorno natural, así como que sempre mostramos o noso compromiso coa restauración da natureza en armonía coa actividade agrícola. Pero, iso si, despois de que o Parlamento Europeo aprobase en Estrasburgo hai...

Xa podedes ver o novo número de Axenda Agraria na nosa web

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/  

ASAGA insta aos partidos políticos a tumbar a Lei de Restauración da Natureza e negociar co sector agrario

ASAGA súmase á onda de indignación dos agricultores, gandeiros e pescadores europeos, representados nas federacións profesionais COPA-COGECA (onde está integrada ASAGA) e EUROPECHE, a instar aos “partidos políticos que algunha vez sentiron sensibilidade cara o mundo agrario” para tumbar a tolemia lexislativa que supón a Lei de Restauración da Natureza proposta pola Comisión Europea para,...

ASAGA denuncia que as axudas estatais para combatir a seca son discriminatorias para Galicia

  A Asociación Agraria de Galicia, xunto co resto das organizacións profesionais agrarias, tivo esta mañá en Santiago unha reunión co conselleiro do Medio Rural, José González, para valorar o paquete de medidas que o Goberno español aprobou para combatir as consecuencias da seca no campo. De xeito unánime, todos os que participaron nesa reunión...

Xa podedes ver o novo número de Axenda Agraria na nosa web

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/