Este proxecto se está levando a cabo grazas á colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) traballa, desde o pasado mes de xuño, nunha campaña de asesoramento e divulgación para a transformación dixital do sector agrario, que busca a  adquisición de competencias dixitais dos produtores agropecuarios, no territorio da provincia de Pontevedra.

A finalidade última desta actividade, que ten o apoio da Deputación Provincial de Pontevedra, é prestar servizos de asesoramento co obxectivo de mellorar os resultados económicos, sociais e ambientais das empresas do sector agrario e forestal. Busca tamén impulsar o respecto ao medio ambiente e mellorar a capacidade de adaptación das explotacións agrarias e os seus investimentos. Deste xeito, a adquisición de competencias dixitais é necesaria para a súa implementación na actividade diaria nas explotacións agropecuarias.

ASAGA considera que a innovación é un obxectivo transversal no sector agroalimentario e forestal, para a mellora da produtividade e sustentabilidade agrícolas. Así, detectouse a necesidade de fomentar o intercambio de coñecemento e experiencias entre distintos actores do Sistema de Coñecemento e Innovación Agrario, SCIA.

Por outra banda, a nivel europeo, desenvólvese unha estratexia de dixitalización do sector agroalimentario e forestal e do medio rural, co obxectivo de fomentar a transición dixital ao longo de toda a cadea agroalimentaria. Para elo, defínense tres obxectivos estratéxicos, entre eles, impulsar o desenvolvemento empresarial e os novos modelos de negocio, tendo presente a Industria 4.0 e as oportunidades de diversificación económica que ofrecen as novas tecnoloxías. Para iso, considérase fundamental a capacitación a través de formación continua non regrada e adquisición de competencias, e o asesoramento para a adopción dixital no SCIA.

Na senda marcada por Europa, a finalidade de ASAGA é contribuír a reducir a fenda dixital, tanto entre o mundo urbano e rural como entre pequenas e grandes empresas, fomentar o uso de datos e impulsar o desenvolvemento empresarial e os novos modelos de negocio, tendo presentes as oportunidades de diversificación económica que ofrecen as novas tecnoloxías e a Industria 4.0, mediante a capacitación a través do asesoramento continuo para a adquisición de competencias e para a adopción dixital.

Para iso, un equipo técnico experto prestará asesoramento técnico a todos os agricultores e gandeiros que así o soliciten nas oficinas de atención situadas nas localidades de Lalín e de Silleda.

Leave A Comment