O proxecto SOST4VID alcanza un novo fito ao completar a instalación de paneis solares na adega As Laxas

Os socios do proxecto SOST4VID Asociación Agraria de Galicia ASAGA e SOLTEC INGENIEROS S.L. organizaron unha xornada divulgativa este xoves nas instalacións da adega As Laxas, situada no municipio pontevedrés de Arbo, para comprobar o estado da iniciativa. Na cita participou unha delegación do consorcio que lidera a Asociación e co que está a desenvolver...

ASAGA rexeita firmemente a decisión da Comisión Europea de recortar a asignación da PAC, eliminando a súa exclusividade orzamentaria

A Asociación Agraria de Galicia ven de confirmar o seu firme rexeitamento en Bruxelas, ao recorte da asignación á Política Agraria Común (PAC), presentado onte mércores, 16 de xullo, pola Comisión Europea, para o novo marco financieiro plurianual (MFP), que abarca o periodo 2028-2034, en favor do aumento noutros gastos que considera máis importantes e...

A Asociación Agraria de Galicia lamenta o falecemento de José Yáñez, exalcalde da Pastoriza

A Asociación Agraria de Galicia quere facer público hoxe o seu máis profundo pesar polo falecemento onte de José Yáñez García, quen foi alcalde da Pastoriza durante máis de dúas décadas. Dende 1985 a 2007, José Yáñez desenvolveu algúns dos máis importantes proxectos deste concello da Terra Chá, como o polígono, a Casa da Cultura,...

Xa dispoñible o último número da Axenda Agraria

O último número da revista Axenda Agraria está xa dispoñible na web. Entrevistas, reportaxes e novas do sector para manterse ao día da realidade agropecuaria en Galicia. Podedes acceder a esta edición, así como ás anteriores, desde aquí: – Revista ASAGA – A revista oficial de Asociación Agraria de Galicia ASAGA

A futura PAC, a debate en Bruxelas

A definición da próxima Política Agraria Común está a se converter nun dos puntos quentes da lexislatura na Unión Europea. É momento de consultas e debate para evitar unha PAC que non dea a cobertura precisa a un sector xa con dificultades. Neste sentido, desde ASAGA apóiase e colabórase cos movementos que se están a...

ASAGA persónase contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de paralizar a caza do lobo

A Asociación Agraria de Galicia personouse este martes como demandada no procedemento aberto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para paralizar a caza do lobo. O TSXG acordaba o pasado mércores 11 poñer en pausa a resolución da Xunta de Galicia que determinaba o réxime de control do lobo na tempada 2024-2025, en liña...

ASAGA organizará cursos de Manipulador de produtos fitosanitarios por toda Galicia

Ante o grave problema que supuxo a anulación na nosa comunidade de máis de 6.800 carnés  de Manipulador de produtos fitosanitarios, a Asociación Agraria de Galicia está organizando unha serie de cursos homologados en concellos das 4 provincias galegas. Serán presenciais e en horarios compatibles coa xornada de traballo. Todos os interesados poden informarse na...

ASAGA apoia o manifesto “O castelo de naipes da UE” en defensa dunha PAC forte e ben financiada

Unha delegación española, con representación de ASAJA, participou este martes na manifestación convocada por Copa e Cogeca en Bruxelas, na que organizacións agrarias de 20 países da UE entregaron un manifesto conxunto baixo o lema #EUHouseOfCards para reclamar un orzamento forte, propio e blindado para a Política Agrícola Común (PAC) no próximo Marco Financeiro Plurianual....

ASAGA súmase ás reclamacións de medidas efectivas para o campo desde Bruxelas

A Asociación Agraria de Galicia apoia as peticións comunicadas polo presidente de ASAJA, Pedro Barato, no seu encontro co comisario europeo de Agricultura, Christophe Hansen. ASAJA trasladou a preocupación do sector agrícola español ante o paquete de simplificación da PAC presentado pola Comisión Europea. A Asociación Agraria de Galicia súmase as peticións de medidas efectivas...

ASAGA celebra o cambio de status do lobo en Europa e esixe a España que o exclúa do LESPRE

O Parlamento Europeo confire así máis marxe aos Estados membros para a súa xestión en zonas rurais A Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, celebra a decisión do Parlamento Europeo de aprobar o cambio de status do lobo, dando máis marxe aos Estados membros para a súa xestión en zonas rurais. Esta reforma lexislativa, aprobada de...