A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) presentou este venres no marco da VI Feria Profesional de Maquinaria, Agricultura y Ganadería, Abanca Cimag-GandAgro xunto co profesor do Departamento de Xeoloxía, Xeografía e Medio Ambiente da Universidade de Alcalá, Daniel Reinoso Moreno, o proxecto de Monitoreo de carbono en sistemas silvopatorales por teledetección.

Daniel Reinoso explicou que se trata dun proxecto levado a cabo entre as asociacións agrarias de Galicia, Cantabria e Asturias para fomentar a metodoloxía da medición da pegada de carbono da gandería extensiva a escala local. “Cando falamos a escala local referímonos a escala de xestión nun domicilio ou unha comunidade de montes”.

Destacou que a teledetección é unha ferramenta moi útil para a xestión forestal e, en particular, para a xestión silvopastoral de espazos naturais.

Daniel Reinoso Moreno, profesor do Departamento de Xeoloxía, Xeografía e Medio Ambiente da Universidade de Alcalá.

O funcionamento deste enfoque baséase na modelización da eficiencia do uso da luz por parte da vexetación para calcular os fluxos de carbono, permitindo coñecer a cantidade que é capaz de fixar a planta como materia orgánica ou a produción primaria neta. En resumo, é unha tecnoloxía clave para a xestión sustentable dos sistemas silvopastorais, xa que proporciona datos precisos e oportunos que permiten optimizar o uso dos recursos naturais e minimizar o impacto ambiental.

Mídese de 3 maneiras diferentes: a través do carbono vexetal, as perturbacións -como incendios forestais, pragas ou secas, que poden afectar tanto aos bosques como ás áreas de pastoreo-, e do carbono no chan.

En Galicia o proxecto lévase a cabo na zona de O Covelo (Pontevedra). Reinoso salientou que unha vez feita a medición “a idea é certificala. Agora mesmo estase facendo con plantacións forestais. Hai unha ferramenta do Ministerio que certifica as toneladas de carbono para vender. Aquí hai moita incerteza”.

O profesor da Universidade de Alcalá, tamén mencionou que actualmente no mercado hai dous tipos de lexislación para medir os consumos de carbono. Un deles o obrigatorio, onde están as grandes empresas. “Eles teñen uns créditos que van diminuíndo. Por exemplo, se teñen 1.000 toneladas de carbono e emiten 800, as 200 restantes pódense vender, e se teñen 1.200 teñen que comprar 200. Estase a traballar nunha lei para que a maioría das empresas estean obrigadas”. E tamén existe o mercado voluntario. “Aquí é entre comiñas porque para traballar para a administración pública tes que ter realizadas as medicións de carbono”.

Por último falou sobre o incremento do custo pro tonelada nos últmos anos. “No mercado obrigatorio, hai 10 anos o prezo por tonelada de carbono estaba a 7 euros por tonelada, e este 19 de febreiro estaba a 78”.

Francisco Bello, presidente de ASAGA, destacou o papel de Galicia neste proxecto piloto que está englobado nun supraautonómico no que está incluída a propia asociación xunto con ASAJA Asturias e ASAJA Cantabria, buscando dar ás Comunidades de Montes e propietarios en xeral unha visión real dun proxecto que xa é importante nestes momentos pero que “no futuro aínda o será máis”.

Tamén recordou que non é o primeiro proxecto de este tipo no que está involucrado a Asociación Agraria de Galicia.

Francisco Bello, presidente de ASAGA.

Stand de ASAGA na Feira Abanca Cimag-GandAgro.

Leave A Comment