• O proxecto atopou o rexeitamento do grupo político da oposición do Concello, a pesar de que cumpre con todos os requisitos técnicos e autorizacións necesarias

A Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, defende o dereito de calqueira persoa a levar a cabo o seu proxecto agrogandeiro, sempre que cumpra con todos o requisitos técnicos e autorizacións necesarias.

Partindo desta premisa, ASAGA aborda e responde á problemática xurdida fai un tempo, en relación coa posta en marcha dunha granxa de porcino na parroquia de Vilalvite, no concello de Friol, cuxos permisos foron amosados e explicados este pasado sábado aos veciños polos propios técnicos e administracións afectadas, nunha reunión convocada polo Concello. Dito proxecto conta con todos os informes sectoriais favorables, é dicir, cumpre todos os parámetros técnicos e legais esixidos por Urbanismo, Medio Rural, Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica.

O promotor de dito proxecto atopouse coa negativa do grupo político que representa a oposición no consistorio, tomando un cariz político inadecuado e desacertado na posta en marcha da explotación porcina.

Para Francisco Bello, presidente de ASAGA, “é inadmisible que non deixen seguir adiante o proxecto” e defende, en nome da asociación, que calqueira persoa é libre de poder facelo cumprindo coa normativa vixente, esté o concello gobernado por unha cor ou outra, porque “qué pasaría se algún cargo público que é gandeiro quixera por unha granxa? Por ser dun partido político, non pode obter a licenza?”. E plantéxase entón, que deste xeito, “nos concellos que goberna a outra cor política, significa que non conceden licenzas aos gandeiros que se queren instalar cumprindo as mesmas normas?”.

Segundo a información técnica obtida por esta Asociación respecto a tramitación do expediente para a futura licenza de obra, este proxecto cumpre na súa totalidade coa lexislación vixente, por tanto, trasladamos o noso total apoio ao promotor para que esta futura explotación porcina sexa unha realidade e contribúa a expansión do sector porcino no interior da provincia de Lugo.

Ademais, ASAGA rexeita calqueira oposición á súa posta en marcha por parte de quen obedece máis a unhas siglas políticas que ao crecemento da gandería en Galicia.

Leave A Comment