ASAJA e a Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, expresan o seu firme rexeitamento á redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais aprobada hoxe polo Consello de Ministros. Esta medida, pactada entre o Goberno e os sindicatos, impúxose sen ter en conta as particularidades do sector agrario e sen consenso coa patronal, o que xerará serias dificultades para as explotacións agrícolas e gandeiras en todo o país.
Pedro Barato, presidente de ASAJA, manifestou que esta decisión “deixará ao sector nunha situación moi complicada, xa que actualmente xa sufrimos unha grave falta de man de obra nas nosas explotacións e campañas agrícolas”. A redución da xornada obrigará a contratar máis traballadores para cubrir as mesmas tarefas, o que supón un incremento de custes inasumíbel para moitos produtores.
Desde ASAJA e ASAGA recórdase que, coa actual reforma laboral, so se poden realizar contratos fixos ou fixos discontinuos, dificultando aún máis a adaptación do sector a esta nova normativa. “Non atopamos traballadores e agora, ademais, encarécese o custe laboral, xa que, ao reducirse a xornada e manterse os salarios, xérase una suba encuberta de soldos”, engade o presidente de ASAJA.
Desde a OPA sublíñase que a redución da xornada non responde á realidade do campo, onde os traballos agrícolas dependen de factores como a climatoloxía e os ciclos de produción. “Xa é complicado negociar os convenios coa xornada actual, como para agora impoñer unha redución sen atender ás necesidades reais do sector”, advírtese desde ASAJA e ASAGA.
Descoñecemento da realidade
Ademais, a OPA denuncia que esta medida adoptouse sen consultar nin considerar as consecuencias para a agricultura e a gandería. “Os lexisladores descoñecen por completo a realidade do campo e lexislan desde os despachos, sen escoitar a quenes traballamos cada día na producción de alimentos”, critica a Organización.
ASAJA e ASAGA traballarán cos grupos parlamentarios para trasladarlles a enorme preocupación do sector e esixir que se introduzan medidas de flexibilidade para a agricultura e a gandería. “É imprescindíbel que tanto o Goberno como os sindicatos entendan que as condicións do campo non poden equipararse ás de outros sectores e que calquer modificación na regulación labora debe contar coa participación de todos os actores “, conclúe a organización.
A Asociación Agraria Jóvenes Agricultores, ASAJA e a Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, seguirán defendendo os intereses dos agricultores e gandeiros españois frente a decisión que comprometan a súa viabilidade e competitividade.
- Galego
- Español
