Publicado o último número da Revista Agraria

O número de xuño da Revista Agraria xa está dispoñible! Inclúe unha análise en profundidade da PAC; entrevistas á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e ao director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco Gutiérrez; un repaso ao Pladiga e o Plan de Formación no agro; e moitos máis contidos. Podedes...

O sector gandeiro solicita o impulso de plantas de biometano en Galicia

A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA – ASAGA, como organización profesional agraria representativa do sector gandeiro galego, desexa manifestar o seu apoio á creación de plantas de biometano en Galicia como solución estrutural para o sector, principalmente en aquelas zonas cunha alta concentración de actividade gandeira. É nestas áreas, precisamente, onde se incrementan os retos asociados...

ASAGA non apoiará ningunha regulación da produción de uva en Rías Baixas que non sexa aprobada por unanimidade

En relación á recente polémica xurdida en torno ao debate sobre os rendementos da produción de uva na D.O. Rías Baixas, a Asociación Agraria de Galicia reclama sensatez ante declaracións e actos que consideran desleais para o sector. Ante a importancia de medidas desta índole, desde ASAGA entendemos que antes de entrar en vigor deben...

A Xunta de Galicia, ASAGA e UUAA asinan unha declaración conxunta sobre o acordo UE-MERCOSUR

A Asociación Agraria de Galicia reuniuse esta mañá na Xunta de Galicia co presidente, Alfonso Rueda, a conselleira de Medio Rural, María José Goméz e co representante de Unións Agrarias para acordar unha declaración conxunta de respaldo a unha aplicación práctica reforzada do acordo entre a Unión Europea e Mercosur e sobre as cláusulas de...

Intervención de Francisco Bello en Bos Días

O presidente de ASAGA, Francisco Bello, participa no programa Bos Días da Televisión de Galicia para analizar as claves da paralización do acordo entre a Unión Europea e Mercosur.

Dispoñible o último número da revista Axenda Agraria

Xa está dispoñible o número da revista Axenda Agraria de ASAGA do último trimestre de 2025. Con información sobre as últimas actuacións da asociación fronte á revisión da PAC e o acordo con Mercosur, artigos sobre os principais problemas sanitarios do gando, entrevistas e moito máis. Para ler este exemplar, fai clic aquí.  

A nanoprata, unha alternativa prometedora aos antibióticos no coidado das ubres

A mastite continúa a ser un dos grandes desafíos da industria láctea. Esta inflamación da ubre non só compromete a saúde e o benestar das vacas, senón que tamén ten un impacto directo na calidade do leite e na rendibilidade das explotacións. Durante décadas, os antibióticos foron a principal ferramenta para combater as infeccións asociadas...

ASAGA marcha en Bruxelas para reclamar un trato xusto para o sector agrícola

Representantes da Asociación Agraria de Galicia —ASAGA— sumáronse este xoves en Bruxelas ás manifestacións que paralizaron as rúas da sede principal da Comisión Europea. A xornada organizouse ante os recortes previstos na próxima Política Agraria Común e o inminente peche do acordo entre a Unión Europea e Mercosur. As protestas, organizadas polas entidades representativas do...

ASAGA únese ás protestas do día 18 en Bruxelas para reclamar unhas políticas agrarias máis xustas

Representantes da Asociación Agraria de Galicia —ASAGA— uniranse este xoves día 18 ás protestas en Bruxelas en defensa dunhas políticas comunitarias que realmente poñan en valor a agricultura. ASAGA únese así a outras entidades como a Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores ASAJA, que teñen xa confirmada a súa participación. A xornada de reclamacións, cuxo punto...

ASAGA advirte da necesidade de controlar ao xabaril, ante a aparición de casos de animais infectados coa peste porcina africana en España

Ante a aparición de varios exemplares de xabarís mortos en Barcelona, infectados co virus de peste porcina africana tras 31 anos sen ter un brote en España da enfermidade, a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) comparte as súas opinións sobre a caza do xabaril. É un feito que, debido á falta de censos oficiais, actualmente...