O Congreso dos Deputados decide este xoves sobre a exclusión do lobo do LESPRE

A exclusión do lobo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o LESPRE, afronta o seu último trámite parlamentario. Este xoves desenvolverase no Congreso dos Deputados a votación definitiva para rebaixar a protección deste depredador, á que asistirá o presidente da Asociación Agraria de Galicia – ASAGA, Francisco Bello, firme defensor deste...

Asaga reúnese coa Xunta para avaliar iniciativas en materia de desenvolvemento rural

Francisco Bello reuniuse coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, para avaliar iniciativas postas en marcha polo Goberno autonómico en materia de desenvolvemento rural. Algúns dos temas abordados na reunión centráronse na Lei de recuperación da terra agraria ou o Programa Leader, a través do cal a Consellería do Medio Rural...

Asaga solidarízase co colectivo veterinario ante as consecuencias que supón para a profesión a nova Lei de Medicamentos e Produtos Sanitarios do Goberno de España

A Asociación Agraria de Galicia (Asaga) expresa a súa solidariedade co colectivo veterinario da comunidade, que se sente agraviado coa aplicación da nova lexislación en materia de medicamentos e produtos sanitarios. Unha normativa do Goberno de España que actualiza a anterior incorporando diversos aspectos especialmente relativos á prestación farmacéutica, o seu financiamento e cuestións relativas...

ASAGA inicia unha rolda de contactos no Congreso dos Deputados para sacar o lobo do LESPRE

A Asociación Agraria de Galicia viaxa hoxe a Madrid co obxectivo de conseguir os apoios necesarios para sacar o lobo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o LESPRE. A partir das 16 horas, o presidente de ASAGA, Francisco Bello, xunto con representantes das distintas organizacións de ASAJA do norte de España...

ASAGA defende a posta en marcha dunha nova granxa porcina no concello de Friol

O proxecto atopou o rexeitamento do grupo político da oposición do Concello, a pesar de que cumpre con todos os requisitos técnicos e autorizacións necesarias A Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, defende o dereito de calqueira persoa a levar a cabo o seu proxecto agrogandeiro, sempre que cumpra con todos o requisitos técnicos e autorizacións...

A Asociación Agraria de Galicia participa na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro

A Asociación Agraria de Galicia participa na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro. Esta cita, que se celebra con carácter bianual, está considerada un referente da innovación agropecuaria no noroeste peninsular, a través da que se dan cita profesionais do sector primario, empresas e outros colectivos. Na súa anterior edición, sumou...

ASAJA e ASAGA rexeitan a redución da xornada laboral e alertan do grave impacto para o sector agrario

ASAJA e a Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, expresan o seu firme rexeitamento á redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais aprobada hoxe polo Consello de Ministros. Esta medida, pactada entre o Goberno e os sindicatos, impúxose sen ter en conta as particularidades do sector agrario e sen consenso coa patronal, o que xerará...

A Asociación Agraria de Galicia rexeita a proposta incoherente da CE de subida dos aranceis aos fertilizantes rusos e bielorrusos

O mesmo día en que a Comisión Europea (CE) da a coñecer o seu compás estratéxico para a competitividade europea, presenta simultaneamente unha proposta para impoñer sancións aos fertilizantes rusos e bielorrusos. Esta medida repercutirá gravemente na produción e na competitividade da agricultura española. Sen unha estratexia clara de diversificación, os agricultores europeos atoparanse pronto...

Xa dispoñible o último número da Axenda Agraria

O último número da revista Axenda Agraria está xa dispoñible na web. Entrevistas, reportaxes e novas do sector para manterse ao día da realidade agropecuaria en Galicia. Podedes acceder a esta edición, así como ás anteriores, desde aquí: – Revista ASAGA – A revista oficial de Asociación Agraria de Galicia ASAGA

A Asociación Agraria de Galicia reúnese con Medio Rural para coñecer o cambio na estratexia de vacinación ante a lingua azul

A Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) reuniuse este luns co director xeral de Gandaria, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, José Balseiros, que nos transmitiu o cambio de criterios do Ministerio de Agricultura ao respecto da vacinación contra a enfermidade de lingua azul do gando ovino e bovino....