A Asociación Agraria de Galicia viaxa hoxe a Madrid co obxectivo de conseguir os apoios necesarios para sacar o lobo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o LESPRE.

A partir das 16 horas, o presidente de ASAGA, Francisco Bello, xunto con representantes das distintas organizacións de ASAJA do norte de España manterán tres reunións con membros dos grupos parlamentarios do Partido Popular, Junts per Catalunya e do Partido Nacionalista Vasco.

O obxectivo é conseguir o voto a favor destes grupos para quitar o lobo do LESPRE e volver á situación previa á inclusión da especie, formalizada en setembro de 2021 baixo o mandato da por entón ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera. Unha decisión que, en palabras do presidente de ASAGA, “condenou aos gandeiros a quedarse totalmente indefensos ante os ataques do lobo ao gando”.

Tras o desenvolvemento das reunións, realizarase un balance coas conclusións das mesmas.

Leave A Comment