Francisco Bello reuniuse coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, para avaliar iniciativas postas en marcha polo Goberno autonómico en materia de desenvolvemento rural.

Algúns dos temas abordados na reunión centráronse na Lei de recuperación da terra agraria ou o Programa Leader, a través do cal a Consellería do Medio Rural dispón dun orzamento de 56,9 millóns de euros ata 2027 para os gastos de funcionamento dos grupos de desenvolvemento rural e para as operacións a terceiros que se executarán a través de liñas de achegas. Tamen se abordaron temas relacionados coas concentracións parcelarias e a necesidade do seu impulso.

Leave A Comment