Xa dispoñible o último número da Axenda Agraria

O último número da revista Axenda Agraria está xa dispoñible na web. Entrevistas, reportaxes e novas do sector para manterse ao día da realidade agropecuaria en Galicia. Podedes acceder a esta edición, así como ás anteriores, desde aquí: – Revista ASAGA – A revista oficial de Asociación Agraria de Galicia ASAGA

A futura PAC, a debate en Bruxelas

A definición da próxima Política Agraria Común está a se converter nun dos puntos quentes da lexislatura na Unión Europea. É momento de consultas e debate para evitar unha PAC que non dea a cobertura precisa a un sector xa con dificultades. Neste sentido, desde ASAGA apóiase e colabórase cos movementos que se están a...

ASAGA persónase contra a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de paralizar a caza do lobo

A Asociación Agraria de Galicia personouse este martes como demandada no procedemento aberto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para paralizar a caza do lobo. O TSXG acordaba o pasado mércores 11 poñer en pausa a resolución da Xunta de Galicia que determinaba o réxime de control do lobo na tempada 2024-2025, en liña...

ASAGA organizará cursos de Manipulador de produtos fitosanitarios por toda Galicia

Ante o grave problema que supuxo a anulación na nosa comunidade de máis de 6.800 carnés  de Manipulador de produtos fitosanitarios, a Asociación Agraria de Galicia está organizando unha serie de cursos homologados en concellos das 4 provincias galegas. Serán presenciais e en horarios compatibles coa xornada de traballo. Todos os interesados poden informarse na...

ASAGA apoia o manifesto “O castelo de naipes da UE” en defensa dunha PAC forte e ben financiada

Unha delegación española, con representación de ASAJA, participou este martes na manifestación convocada por Copa e Cogeca en Bruxelas, na que organizacións agrarias de 20 países da UE entregaron un manifesto conxunto baixo o lema #EUHouseOfCards para reclamar un orzamento forte, propio e blindado para a Política Agrícola Común (PAC) no próximo Marco Financeiro Plurianual....

ASAGA súmase ás reclamacións de medidas efectivas para o campo desde Bruxelas

A Asociación Agraria de Galicia apoia as peticións comunicadas polo presidente de ASAJA, Pedro Barato, no seu encontro co comisario europeo de Agricultura, Christophe Hansen. ASAJA trasladou a preocupación do sector agrícola español ante o paquete de simplificación da PAC presentado pola Comisión Europea. A Asociación Agraria de Galicia súmase as peticións de medidas efectivas...

NON á comida falsa: pola mención da orixe na etiqueta

A Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores, ASAJA, está a promover unha nova campaña en Europa para garantir que a información do etiquetado nos produtos alimentarios sexa transparente e conteña información precisa. A campaña NON á comida falsa: pola mención da orixe na etiqueta púxose en marcha como parte dunha Iniciativa Cidadá Europea por ASAJA e...

O apagón eléctrico déixase notar no campo: leves incidencias en agricultura e maiores en gandería e oficinas agrarias

O campo español resistiu con entereza o gran apagón eléctrico, pero non sen cicatrices. Mentres que a agricultura non rexistrou incidencias significativas grazas ao carácter menos dependente da electricidade de moitas explotacións, as granxas de leite e as máis tecnificadas, así como os servizos administrativos, sufriron as consecuencias de forma máis aguda. Agricultura: resiliencia natural...

Aprobada a exclusión do lobo do LESPRE

Aprobada a exclusión do lobo ibérico do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, o LESPRE. Con 181 votos a favor, 150 en contra e 14 abstencións, o Congreso dos Deputados confirmou a rebaixa da protección deste animal, nunha votación á que asistiu o presidente da Asociación Agraria de Galicia – ASAGA, Francisco...

Entrevista a Francisco Bello en Radio Voz

O presidente de ASAGA, Francisco Bello, explica a necesidade de rebaixar o estado de protección do lobo e os esforzos da Asociación neste sentido no programa Un Café con Eva de Radio Voz do mércores 19 de marzo.