Ante o grave problema que supuxo a anulación na nosa comunidade de máis de 6.800 carnés de Manipulador de produtos fitosanitarios, a Asociación Agraria de Galicia está organizando unha serie de cursos homologados en concellos das 4 provincias galegas. Serán presenciais e en horarios compatibles coa xornada de traballo.
Todos os interesados poden informarse na súa oficina de ASAGA máis cercana. Tanto os agricultores que precisen obter o carnet, como os concellos que queiran que se celebre un curso no seu municipio.