A Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores, ASAJA, está a promover unha nova campaña en Europa para garantir que a información do etiquetado nos produtos alimentarios sexa transparente e conteña información precisa. A campaña NON á comida falsa: pola mención da orixe na etiqueta púxose en marcha como parte dunha Iniciativa Cidadá Europea por ASAJA e a confederación italiana Coldiretti, unha das principais organizacións vinculadas ao sector agrícola en Italia.

Esta acción busca modificar a lexislación da Unión Europea, de tal modo que a orixe de todos os produtos que entran no mercado común estea claramente indicada. A campaña pretende tamén garantir que estes alimentos cumpran os estándares ambientais, laborais e en saúde que aplican na rexión. Para isto, proponse recoller un millón de sinaturas antes do 21 de setembro. A falta de catro meses, máis de 293.000 persoas apoiaron a iniciativa.

Desde ASAGA secundamos esta proposta, a través da que se quere promover a transparencia na información que recibe a cidadanía sobre a oferta alimentaria nos países da UE. Unha medida que, ademais, se aliña cunha visión de consumo responsable e sostible que conecta directamente coa necesidade de protexer o medio ambiente e coidar a industria agroalimentaria local.

Para apoiar a iniciativa, asina na seguinte ligazón.

Leave A Comment