O Parlamento Europeo confire así máis marxe aos Estados membros para a súa xestión en zonas rurais

A Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, celebra a decisión do Parlamento Europeo de aprobar o cambio de status do lobo, dando máis marxe aos Estados membros para a súa xestión en zonas rurais. Esta reforma lexislativa, aprobada de xeito definitivo con 371 votos a favor, 162 en contra e 37 abstencións, reclasifica ao lobo que pasa de “estrictamente protexido” a “protexido” no marco do Convenio de Berna.

O cambio na lei, que levaba anos bloqueado, abre agora a porta a unha xestión máis equilibrada das poboacións de lobos nos Estados membros, especialmente en rexións como a España rural, onde o aumento de ataques ao ganado está xerando un forte impacto económico e social.

Para o presidente de ASAGA, Francisco Bello, “e unha gran noticia para os gandeiros galegos”, e defende que “debemos esixir ao goberno español que aplique o cambio canto antes nas leis estatais”, excluindo ao lobo do Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, LESPRE.

Desde ASAJA, o presidente Pedro Barato, sinalou a data de hoxe como un día histórico para o campo europeo, despois de anos dicindo que a protección absoluta do logo estaba matando as nosas ganderías extensivas, ameazando a biodiversidade do medio rural e condenando ao abandono miles de hectáreas”.

O camiño ata lograr o cambio

Tamén subliñou que “hoxe Europa escoitou”, e que “esta victoria non é un regalo, senón o resultado da presión, dos datos, das alianzas e do compromiso firme de ASAJA e ASAGA desde Bruxelas”. Engadiu que “cando o campo organízase e alza a voz con estratexia, Europa responde”.

Barato advertiu de que “agora, o balón está no tellado do Goberno español. Xa non hai Europa á que culpar, as excusas agotáronse. España debe sacar de inmediato ao lobo do LESPRE, igual que agora permite Europa”. Engadiu que “non facelo sería unha traición ao mundo rural. Estamos falando dun problema que xa non é simbólico, senón económico e social”. Por estas razóns, esixe “que o Ministerio para a Transición Ecolóxica actúe con urxencia, escoite ao sector e deixe de dar a espalda á realidade do territorio”.

Ademais, ASAJA e ASAGA denuncian con contundencia a enmenda presentada para rexeitar a proposta da Comisión, firmada polos eurodiputados César Luena e Nicolás González Casares (PSOE). Esta maniobra parlamentaria, rexistrada o 7 de maio, intentou frenar o cambio normativo alegando supostas razóns técnicas e científicas sen fundamento real, ignorando o sufrimento de milleiros de gandeiros e o impacto directo que está tendo o crecemento incontrolado do lobo sobre o medio rural. Pese á modificación dos anexos, ASAJA critica o comportamento do PSOE. Resulta inaceptable que representantes españois continúen a actuar en Bruxelas de espaldas ao territorio e alineados con posicións que desprezan a realidade do campo.

A convivencia entre fauna salvaxe e a actividade agrogandeira só será posible se se parte dunha base legal realista e se se devolve ao gandeiro a capacidade de protexer o seu medio de vida. ASAGA e ASAJA reafirman o seu compromiso coa xestión activa das especies protexidas e continuarán traballando en todos os niveis institucionais para que esta decisión europea teña aplicación inmediata e efectiva en España.

O Parlamento Europeo acordou tramitar este expediente pola vía de urxencia, dada a dimensión política e territorial do problema. Trala súa aprobación na Eurocámara, o texto require agora da ratificación formal por parte do Consello, que xa refrendou a proposta sen modificacións, o pasado 16 de abril. A nova directiva entrará en vigor vinte días despois da súa publicación no Diario Oficial da Unión Europea, momento a partires do cal os Estados membros disporán dun prazo de 18 meses para a súa plena transposición e aplicación.

Leave A Comment