O pasado 19 de febreiro a Asociación Agraria de Galicia convertiuse na organización máis representativa do sector agroalimentario galego, ao imporse nas eleccións celebradas en 15 consellos reguladores. ASAGA obtivo 23 vogais, repartidos en dez Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas diferentes, por 22 de Unións Agrarias, 6 do Sindicato Labrego Galego e 3 da FRUGA. Esa posición de liderazgo quedou reforzada esta semana tras a constitución dos novos plenos das Denominacións de Orixe e IXP’s galegas. Varios membros das candidaturas presentadas por ASAGA foron elixidos como presidentes ou vicepresidentes dos seus respectivos consellos reguladores.

Entre outros varios casos, podemos destacar que no Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, o novo presidente, Isidoro Serantes, e o novo vicepresidente, Juan Carlos Vázquez, presentáronse ás eleccións en candidaturas de ASAGA. O reelexido presidente do Consello Regulador de Agricutura Ecolóxica de Galicia, Francisco López, tamén encabazaba unha candidatura da Asociación Agraria, e no caso do Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia, alternarase a vicepresidencia do sector produtor, tras o acordó ao que se chegou con Unións Agrarias.

Pero, independentemente dos nomeamentos de representantes de ASAGA para algúns dos cargos máis importantes, o presidente da asociación, Francisco Bello, quere destacar que “na gran maioría dos consellos, os vogais electos da nosa organización, foron decisivos á hora de escoller os presidentes e vicepresidentes das D.O.’s e IXP’s que foron a eleccións.

Varios dos 23 vogais que a asociación obtivo neses comicios, foron elixidos como presidentes ou vicepresidentes das súas Denominacións de Orixe ou IXP’s

[heading]Liderazgo do sector[/heading]

Tendo en conta como están formados os plenos dos consellos reguladores onde este ano non se celebraron eleccións, onde a Asociación Agraria de Galicia ten 7 vogais e Unións 2, o liderazgo aínda é máis claro ao ter 30 vogalías por 24 de UUAA. O presidente de ASAGA, Francisco Bello, quixo indicar que “é un éxito sen precedentes que unha organización con só 8 anos de historia que participaba por segunda vez nas eleccións aos consellos reguladores, se convertise no referente do sector agroalimentario galego en particular, e do medio rural en xeral”.

 

Cos resultados do pasado mes, ASAGA pasará a ter representación en 12 consellos diferentes, máis que ningunha outra organización agraria. Nos comicios de hoxe, a Asociación Agraria conseguiu obter representación en catro organismos nos que nunca tivera un vogal.

 

“Na última semana de febreiro tocou celebrar os resultados -indica Francisco Bello-, pero este mes xa voltamos ao noso traballo habitual, facendo o que mellor sabemos facer. Loitar e traballar polos agricultores, os gandeiros e o sector agroalimentario galego; para mellorar a calidade de vida de todos os habitantes do noso medio rural”.

 

Listado de vogais por cada Consello Regulador nos que se celebraron eleccións en febreiro:

Carne de Vacún de Galicia: 3 vogais

Castaña de Galicia: 3 vogais

CRAEGA: 2 vogais

D.O. Monterrei: 2 vogais

D.O. Rías Baixas: 5 vogais

D.O. Ribeira Sacra: 2 vogais

D.O. Ribeiro: 3 vogais

Queixo de Arzúa-Ulloa: 1 vogal

Queixo de Tetilla: 1 vogal

Pataca de Galicia: 1 vogal

TOTAL: 23 vogais.

 

Listado de vogais nos Consellos Reguladores nos que non se celebraron elección este ano:

Grelo de Galicia: 2 vogais

Pemento de Arnoia: 5 vogais

 

Comments are closed.