Ante as queixas de moitos dos nosos socios que recibimos nas últimas horas, dende a Asociación Agraria de Galicia queremos manifestar que “non hai ningún motivo obxectivo para que as industrias lácteas intenten forzar unha baixada de prezos aos gandeiros nos novos contratos que se teñen que renovar próximamente”.

Non se debe esquecer que os gandeiros profesionais vimos arrastrando uns incrementos dos costes de produción dende hai anos, que soamente se están vendo cubertos dende os últimos meses de 2022 e no que vai de 2023. Durante moito tempo, chegamos a producir a perdas.

A produción láctea non debe ser tan bo negocio, como demostra o feito de que o número de explotacións continua descendendo ano a ano

[heading]Moito por recuperar[/heading]

O promedio dos prezos do leite percibidos polos gandeiros en Galicia e en  España no ano 2022 foi de 0.45 € fronte aos 0.50 € de media na Unión Europea. Nos dous primeiros meses deste ano foise reducindo esa diferencia, o que quere dicir que estamos na senda correcta. Pero, en ningún caso, se debe producir unha baixada, dado que ainda nos queda moito por recuperar.

Producir leite non debe ser tan bo negocio, como demostra o feito de que o número de explotacións continua descendendo ano a ano. En España só quedan 10.577 e en Galicia xa baixamos das 6.000. Só en 2021, perdéronse máis de 300 granxas lácteas. E a produción baixou no ano 2022 e no que vai do 2023 un 2%.

ASAGA denunciará ante a AICA, a Axencia de Información e Control Alimentarios, calquera oferta de contrato con prezos que incumplan a Lei da Cadea Agroalimentaria, e estará vixiante ante calquer práctica que por parte das industrias vulnere as normas da CNMC, a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia.

Comments are closed.