Nunha reunión mantida esta mañá na sede de ASAJA en Madrid, na que participou o presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, pedímoslle ao secretario xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio de Agricultura e Pesca, Fernando Miranda, máis flexibilidade, aumentar o prazo, unha implementación paulatina do cuaderno dixital sen sancións e unha maior simplificación na tramitación das axudas da nova PAC.
Desde ASAGA, quisimos transmitirle directamente ao alto cargo do ministerio todas as queixa, preocupacións e suxerencias que nos fixeron chegar nas últimas semanas os agricultores e gandeiros galegos.
Comments are closed.