A Asociación Agraria de Galicia convertiuse hoxe na organización máis representativa do sector agroalimentario galego, ao imporse nas eleccións celebradas este domingo en 15 consellos reguladores. ASAGA obtivo 23 vogais, repartidos en dez Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas diferentes, por 22 de Unións Agrarias, 6 do Sindicato Labrego Galego e 3 da FRUGA. Ademais, aínda podería acadar un máis e alcanzar os 24, xa que no censo de “Grandes viticultores” da D.O. Valdeorras empatou co Sindicato Labrego Galego, e decidirase a quen lle corresponde esa vogalía cun sorteo que se celebrará nos próximos días.
Tendo en conta como están formados os plenos dos consellos reguladores onde hoxe non se celebraron eleccións, onde ASAGA ten 7 vogais e Unións só 1, o liderazgo aínda é máis claro ao ter 30 vogalías (ou 31 se finalmente obteñen o posto en disputa en Valdeorras), por 23 de UUAA. O presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, celebrou os espectaculares resultados obtidos hoxe pola súa organización, indicando que “a victoria nos comicios de hoxe podemos calificala de histórica. Nas segundas eleccións aos consellos reguladores ás que se presenta unha entidade con só 8 anos de historia como é a Asociación Agraria de Galicia, conseguimos convertirnos no referente do sector agroalimentario galego en particular, e do medio rural en xeral”.
A Asociación Agraria de Galicia obtivo 23 vogais, que poden ser 24, nos comicios celebrados hoxe en 15 denominacións de Orixe e IXP’s
[heading]Líder en representatividade[/heading]
Cos resultados de hoxe, ASAGA pasará a ter representación en 12 consellos diferentes, máis que ningunha outra organización agraria, que poderían ser en 13 se vence no sorteo co que se decidirá quen obtén a vogalía que falta por adxudicar no CRDO Valdeorras tras empatar co Sindicato Labrego no censo de “Grandes Viticultores”. Nos comicios de hoxe, a Asociación Agraria conseguiu obter representación en catro organismos nos que nunca tivera un vogal, que serán cinco se tamén acada o de Valdeorras.
“Hoxe toca celebrar os resultados -indica Francisco Bello-, pero a partir de mañá voltaremos ao noso traballo habitual, facendo o que mellor sabemos facer. Loitar e traballar polos agricultores, os gandeiros e o sector agroalimentario galeg;, para mellorar a calidade de vida de todos os habitantes do noso medio rural”.
Listado de vogais por cada Consello Regulador nos que hoxe se celebraron eleccións:
Carne de Vacún de Galicia: 3 vogais
Castaña de Galicia: 3 vogais
CRAEGA: 2 vogais
D.O. Monterrei: 2 vogais
D.O. Rías Baixas: 5 vogais
D.O. Ribeira Sacra: 2 vogais
D.O. Ribeiro: 3 vogais
D.O. Valdeorras: 1 ou 0 vogai (xa que por un empate se sorteará entre ASAGA e o Sindicato Lagrego Galego un vogal do censo de “Grandes viticultores”)
Queixo de Arzúa-Ulloa: 1 vogal
Queixo de Tetilla: 1 vogal
Pataca de Galicia: 1 vogal
TOTAL: 23 ou 24 vogais, dependendo do sorteo en Valdeorras.
Listado de vogais nos Consellos Reguladores nos que hoxe non se celebraron eleccións:
Grelo de Galicia: 2 vogais
Pemento de Arnoia: 5 vogais
Comments are closed.