A Asociación Agraria de Galicia presentou a súa candidatura ás eleccións ao Consello Regulador das IXP’s Carne de Vacún de Galicia, dentro do censo A1-Ganderías. Co apoio dos gandeiros profesionais, esperamos poder seguir defendendo os intereses do sector, coma sempre fixemos.

As eleccións serán o domingo 19 de febreiro, entre as dez da mañá e as cinco da tarde, nas mesas que haberá distribuídas por toda Galicia. Se tes algunha dúbida de onde che toca a ti votar, podes poñerte en contacto coas nosas oficinas.

A continuación, queremos adxuntarvos o programa da nosa candidatura.
En ASAGA apostamos pola vía do diálogo para acadar o consenso entre todos os operadores da cadea. A nosa longa traxectoria avala o noso compromiso co medio rural galego:
• Defendemos o futuro do sector negociando coas administracións e esixindo as axudas que garantan a supervivencia das explotacións tradicionais.
• Conseguimos mellorar a comercialización dos xatos, fomentando a calidade, e negociando mellores prezos en base ao cumprimento da Lei da Cadea.
• Loitamos por máis campañas de promoción e a creación da AICA galega para defender os intereses dos gandeiros profesionais.

• A nosa presenza nos organismos autonómicos, nacionais e internacionais máis importantes permítenos posicionar da mellor forma posible ao vacún galego.
• Entre todos, debemos garantir a rendibilidade e mellorar as condicións do sector para conseguir que o relevo xeracional sexa unha realidade.
• Apostamos por potenciar a calidade da marca Suprema como un elemento diferencial dentro da IXP Ternera Gallega.

Este é o único camiño!

Comments are closed.