ASAGA participou onte na movilización convocada en Madrid en defensa do sector agrario

A Asociación Agraria de Galicia participou onte na movilización convocada en unidade de acción polas organizacións agrarias ASAJA, COAG e UPA. Nela, centos de tractores discurriron polas principais arterias do centro de Madrid en demanda de solucións aos moitos problemas que ten o sector agrario. Miles de persoas, procedentes de todos os puntos de España, acompañaron...

ASAGA defende os intereses dos gandeiros e dos agricultores nas concentracións convocadas en toda Galicia

A Asociación Agraria de Galicia participou activamente nas concentracións agrarias convocadas nas 4 provincias galegas no día de onte. Os representantes e asociados de ASAGA estiveron presentes nas tractoradas da Coruña, Carballo, Vimianzo, Arzúa, Melide, Ortigueira, Ferrol, Santiago, Teixeiro, Ordes, Lugo, Ribadeo, Vilalba, Pedrafita, Becerreá, A Fonsagrada, Chantada, Sarria, Ourense, A Gudiña, Xinzo, Pontevedra, Lalín,...

Facemos públicos os lugares onde terán lugar as concentracións de tractores convocadas o 20 de febreiro en Galicia

Facemos públicos os lugares das concentracións de tractores convocadas oficialmente en Galicia para o martes 20 de febreiro pola Asociación Agraria de Galicia, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego: A CORUÑA: Delegación do Goberno en Galicia (na Praza de Ourense da Coruña), Carballo, Vimianzo, Arzua, Melide, Ortigueira, Ferrol, Santiago, Teixeiro e Ordes. LUGO: Subdelegación...

As organizacións agrarias galegas consensúan reivindicacións de cara ás próximas movilizacións

A Asociación Agraria de Galicia, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego irán da man na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos A Asociación Agraria de Galicia, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galegoveñen de dar forma á táboa reivindicativa conxunta que defenderán nas vindeiras semanas. Tal e como xa anunciaron hai uns...

As organizacións agrarias pechan a unidade de acción para preparar as protestas do sector produtor

ASAGA, Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e AGACA consideran que sobran motivos para a mobilización e confían en que todos os colectivos vaian da man na defensa dos intereses de agricultores e gandeiros A Asociación Agraria de Galicia, Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Cooperativas pecharon hoxe a unidade...

Asaja Bruselas reúnese coa Presidenta da Comisión Europea

Tras a masiva movilización en Bruselas, Asaja Bruselas, como parte da delegación do COPA COGECA asiste a un encontro con altos mandatarios da UE, como a presidenta da Comisión Europea para abordar desafíos agrícolas e gandeiros, resaltando a falta de representación do Goberno español. Von der Leyen comprometeuse a simplificar a Política Agrícola Común antes...

ASAGA alerta das funestas consecuencias que terá a Lei de Restauración da Natureza se finalmente se aproba no Parlamento Europeo

A proposta de lei presentada por un eurodeputado do PSOE reintroduciu no texto os ecosistemas agrícolas que xa foran rexeitados pola maioría de da Eurocámara O negociador principal no “trílogo” (negociación) e ponente da proposta da Lei de Restauración da Natureza do Parlamento Europeo, o eurodeputado socialista César Luena, reintroduciu os ecosistemas agrícolas no texto...

Xa podedes ver o novo número de Axenda Agraria na nosa web

Xa tedes dispoñible a edición dixital do novo número de Axenda Agraria. Podedes acceder a el dende este enlace: https://revista.asaga.gal/

ASAGA pide á Deputación de Lugo que reconsidere o incremento das tarifas do Centro de Recría Gayoso Castro

Tendo en conta a difícil situación actual do sector, o ente provincial debería apoiar aos gandeiros asumindo a subida dos costes no seu centro de Castro de Rei Para a Asociación Agraria de Galicia, a decisión da Deputación de Lugo de aumentar as tarifas do Centro de Recria Granxa Gayoso Castro poder ter unhas consecuencias...

ASAGA califica “moi positivamente” a decisión da Comisión Europea de revisar as normas de protección do lobo

Dende esta asociación xa se solicitou varias veces que se rebaixase o estatus de protección deste animal, ante as graves consecuencias que podería sufrir o medio rural A Asociación Agraria de Galicia valora moi positivamente a decisión da Comisión Europea de revisar o estatus de protección do lobo. Dende esta institución comunitaria manifestaron que, “tendo...