A Asociación Agraria de Galicia, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galego irán da man na defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros galegos

A Asociación Agraria de Galicia, Unións Agrarias e o Sindicato Labrego Galegoveñen de dar forma á táboa reivindicativa conxunta que defenderán nas vindeiras semanas. Tal e como xa anunciaron hai uns días, as tres organizacións agrogandeiras maioritarias en Galicia ven necesario apostar pola unidade de acción para garantir a mellor defensa dos intereses do sector produtor, e nos vindeiros días pecharán o calendario de actuacións a seguir nas próximas semanas.

As OPAS entenden que existen motivos máis que de sobra para que o sector produtor saia á rúa; así como un contexto, tanto a nivel europeo como estatal, do que a agricultura e a gandería galega non pode manterse á marxe. En liña co acordo acadado entre as organizacións profesionais agrarias maioritarias a nivel estatal, as OPAS galegas ven necesario actuar para paliar a excesiva burocracia que ten xerado a entrada en vigor de novas normativas europeas; así como para garantir que os acordos comeciais con países extracomunitarios non poñan en risco a soberanía alimentaria nin supoñan unha competencia desleal para os produtores locais.

A pesar de que a Lei de Cadea é clara ao respecto, a ausencia de contratos claros, o pago por debaixo de custos de produción e a imposición de prezos eludindo a negociación colectiva seguen a ser prácticas habituais. Cuestións que precisan de solucións contundentes mediante un incremento do celo das administracións e un reforzamento dos medios e actuacións de control. Así, as tres organizacións instan ás administracións a actuar con contundencia e rigor para garantir prezos xustos para os produtos agrogandeiros e, con eles, o futuro e a rendabilidade do sector produtor.

A continuación detállanse os puntos incluídos no Decálogo de Reivindicacións das Organizacións Agrarias Galegas:

  • PREZOS XUSTOS PARA OS NOSOS PRODUTOS. Eliminación da especulación, e creación de índices de referencia dos custos de produción nos diferentes sectores , incluíndo unha remuneración digna do traballo das produtoras e produtores, e mecanismos para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria e acabar con prácticas e marxes abusivas.
  • REXEITAMENTO OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO (MERCOSUR), QUE POÑAN EN PERIGO AS NOSAS PRODUCIÓNS, e priorizar as nosas producións fronte a terceiros países que comercializan ca UE.
  • ELIMINAR A BUROCRATIZACIÓN QUE NOS ASFIXIA:
  • CADERNO DIXITAL
  • DECRETO DE ORDENACIÓN DE EXPLOTACIÓNS BOVINAS
  • DECRETO DE FERTILIZACIÓN SOTIBLE DE SOLOS.
  • ADAPTACIÓN DOS ECOESQUEMAS E DA PAC Á REALIDADE DA AGRICULTURA E GANDEIRÍA GALEGAS, PAGOS EN FUNCIÓN DAS PERSOAS ACTIVAS E NON POLA
  • IMPORTES SUFICIENTES PARA ATENDER AS SOLICITUDES DE PRODUCIÓN EN ECOLÓXICO, ASÍ COMO A TOTALIDADE DE EXPEDIENTES DE AGROAMBIENTE E CLIMA E AS AXUDAS DE INCORPORACIÓN
  • RECUPERACIÓN DE TERRA AGRÍCOLA E A SÚA ESPECIAL PROTECCIÓN. E APOIOS AO SECTOR FRONTE A NOVOS RETOS COMO OS CAMBIOS NO CLIMA, NOVAS ENFERMIDADES OU O ENCARECEMENTO DOS INSUMOS E COMBUSTIBLES . MAIOR APOIO Á INVESTIGACIÓN PÚBLICA, QUE AXUDE E ACOMPAÑE AO SECTOR NA SITUACIÓN ACTUAL E DE CARA AOS NOVOS PROBLEMAS QUE AFECTAN AO SECTOR, PARA UNHA MAIOR SOSTENIBILIDADE NAS EXPLOTACIÓNS.
  • FOMENTAR O ACCESO DA POBOACIÓN AOS ALIMENTOS APOIANDO OS MERCADOS LOCAIS E OS CIRCUITOS CURTOS
  • MANTEMENTO DA REDUCIÓN NO PREZO DO GASÓLEO PARA O SECTOR, ASÍ COMO AS CONDICIÓNS DO GASÓLEO AGRÍCOLA PROFESIONAL.
  • REMUNERACIÓN DOS DANOS DE FAUNA SALVAXE (xabarín, lobo…), E DO LUCRO CESANTE E DA TOTALIDADE DAS PERDAS OCASIONADAS, QUE DEBEN SER MINIMIZADAS.
  • CREACIÓN DA FIGURA DO MEDIADOR NA NEGOCIACIÓN DE CONTRATOS E POSTA EN MARCHA DE OBSERVATORIOS DE PRECIOS NOS PRODUCTOS AGROGANDEIROS.

 

Comments are closed.