A Asociación Agraria de Galicia participou activamente nas concentracións agrarias convocadas nas 4 provincias galegas no día de onte. Os representantes e asociados de ASAGA estiveron presentes nas tractoradas da Coruña, Carballo, Vimianzo, Arzúa, Melide, Ortigueira, Ferrol, Santiago, Teixeiro, Ordes, Lugo, Ribadeo, Vilalba, Pedrafita, Becerreá, A Fonsagrada, Chantada, Sarria, Ourense, A Gudiña, Xinzo, Pontevedra, Lalín, Silleda e A Estrada.
Na capital de Galicia, o presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, destacou ante os medios de comunicación que “máis que reclamar prezos, que tamén, máis que reclamar políticas xustas, que tamén, estamos a defender a dignidade de vivir no rural e a dignidade de ser produtores de alimentos para a poboación xeral”.
Podedes escoitar as súas declaracións, así como o resto da información que a Televisión de Galicia emitiu no Telexornal Serán de onte, no seguinte enlace a partir do minuto 6’58”:
agalega.gal/videos/124378-tx-seran-20-02-2024/
A continuación, compartimos con vos fotografías das concentracións celebradas en Lugo, Lalín e Santiago.
Comments are closed.