A norma, pactada coa UPA e Unión de Uniones, ignora as reinvindicacións das dúas organizacións e supón unha nova carga burocrática para agricultores e gandeiros
O Goberno aprobou o Real Decreto 1051/2022 sobre nutrición sostible dos solos agrarios, unha norma pactada con UPA e Unión de Uniones que, segundo a Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, e a Asociacion Agraria – Jóvenes Agricultores, ASAJA, ignora as reivindicacións do sector e supón unha nova carga burocrática para agricultores e gandeiros.
O Real Decreto, publicado no BOE, establece novas obligacións en materia de fertilización, entre as que destaca a obriga de contar cun plan de abonado a partires do 1 de xaneiro de 2026 para as explotacións en regadío cuxos cultivos se sembren ou pranten entre o 1 de marzo e o 30 de xuño, e desde o 1 de setembro de 2026 para o resto.
Ademais, o rexistro mensual de todas as labores de fertilización no caderno de explotación, sexa en papel ou en formato dixital, tamén será obrigatorio desde o 1 de xaneiro de 2026, cunha serie de excepcións contempladas na norma.
O asesoramento técnico obrigatorio en materia de fertilización será esixible un ano despois destas datas nas unidades de produción situadas en zonas vulnerables á contaminación por nitratos, e dous anos máis tarde no resto de zonas.
Así mesmo, modifícanse os requerimentos relativos á aplicación de estercos en determinadas zonas onde non é posible realizala de forma localizada, salvo en parcelas de menos dunha hectárea que non sexan colindantes con outros recintos da mesma explotación. Tamén precísanse os criterios sobre o cómputo dos pastos comunais na superficie total das explotacións.
ASAGA e ASAJA lamentan que o Ministerio de Agricultura ignorase as propostas de simplificación plantexadas pola organización, entre elas a de excluir destas obligacións ás explotacións de regadío de ata 15 hectáreas e ás de secano de ata 30 hectáreas.
A organización profesional agraria expresa ademais a súa preocupación por que esta norma abra a porta a futuras inspeccións técnicas de máquinas de abono e ferramentas utilizadas en fertilización, unha medida que considera inxustificada, dado que a maioría das zonas agrícolas xa cumpren a normativa de zonas vulnerables por contaminación de nitratos.
ASAGA e ASAJA tamén solicitaran suprimir a obriga de rexistar a fertilización nun prazo máximo dun mes, por considerala unha presión burocrática innecesaria. Neste senso, a organización propuxo que a aplicación do Real Decreto se retrasara ata que o Ministerio publicara as guías de boas prácticas en fertilización e puxera en marcha un programa formativo para divulgalas entre os agricultores e gandeiros.
Entre outras demandas, ASAGA e ASAJA reclamaron a redución da burocracia para as persoas que suministran esterco a terceiros, o recoñecemento oficial por parte das administracións — central ou autonómicas— dun programa informático de balde que permita realizar os plans de abonado sen necesidade de contratar un asesor en fertilización, e a supresión do actual réxime sancionador, que prevé a aplicación simultánea de ata sete leis, dous reais decretos e as normativas autonómicas correspondentes, sen perxuicio de posibles responsabilidades civís, penais, medioambientais ou doutro orden.
ASAGA e ASAJA insisten en que o sector agrario xa cumpre sobradamente os estándares medioambientais esixidos pola Unión Europea e considera que esta nova normativa non aporta solucións reais, senón que incrementa os trámites, custes e cargas administrativas para os profesionais do campo.
- Galego
- Español
