O Goberno propón que a partir de 2023 os autónomos coticen en función dos seus rendementos netos
A Asociación Agraria de Galicia considera que o mecanismo de cotización plantexado polo Ministerio de Seguridade Social para que entre en vigor a partir de 2023 supón, en primeiro lugar, un incremento nos costes sociais para os autónomos agrarios de preto do 40 % e, ademais, non ten en conta as características fiscais específicas do sector agrario. Unha decisión que provocará nefastas consecuencias nas débiles contas de resultados das explotacións agrarias.
A última proposta para reformar o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) do Goberno busca que este colectivo pague cotizacións sociais en función dos seus ingresos reais mediante un sistema de tramos. Son tramos que se definen tendo en conta os rendementos netos do autónomo. En concreto, o Ministerio de Seguridade Social levou á Mesa de Diálogo Social un sistema de trece tramos distintos de rendementos netos (ingresos deducindo gastos). Con esta proposta os agricultores poden cambiar de tramo ata 6 veces nun ano e a cota que pagarán á Seguridade Social calcularase sobre esa base.
Os autónomos que teñen ingresos baixos e están clasificados en calquera dos primeiros dos tramos (menos de 600 euros ou de 600 a 900 Euros), experimentarán un aforro unha vez se implemente completamente a proposta; os do terceiro tramo, de 900 a 1.125,90 Euros, non notarán a diferencia; mentres que os que se encadren en calquera dos dez tramos restantes, a inmensa maioría dos cotizantes agrarios, terán que pagar máis á Seguridade Social con incrementos nas cotas que chegarían en algúns casos a pagar o triple do que se cotiza na actualidade.
[heading]Características propias do sector agrario[/heading]
Por outra parte, ASAGA considera que o mecanismo de cotización plantexado polo Ministerio de Seguridade Social non ten en conta as características fiscais específicas do sector agrario. É un método basado nos rendementos netos, polo que dende a nosa Asociación “consideramos que os autónomos agrarios pagarán máis ou menos en función da súa capacidade de deducción de gastos, non dos seus ingresos reais”. Nesta liña, preguntámonos qué fará o Goberno para poder calcular os rendementos netos de aqueles profesionais que non tributen en estimación directa.
En resumo, se añadimos esta proposta de incremento de costes nas cotizacións ás reiteradas subidas do SMI nos últimos tres anos, que supuxeron un incremento de máis do 30 % nos costes laborais e sociais dos empresarios agrarios, máis a subida das cotas anuais da Seguridade Social e o incremento de costes que teremos que afrontar coa nova Reforma Laboral, moi prexudicial para os intereses do sector agrario, o resultado é que poñerase de novo en jaque ao campo español.
Un novo ataque a un sector asfixiado xa polos incrementos de costes de produción, a imposibilidade de repercutir os mesmos no prezo de venda dos produtos, e polas limitacións produtivas que impón a nova PAC, con maiores condicionamentos medioambientais. Mentras tanto, o Goberno, lonxe de aportar solucións, con cada nova decisión exprime aínda máis as maltreitas economías agrarias.
Comments are closed.