A Asociación Agraria de Galicia, conxuntamente con AGACA e Unións Agrarias, informaron onte nunha rolda de prensa en Santiago da importancia da manifestación que se celebrará o 20 de marzo en Madrid “Pola supervivencia do Mundo Rural”. O presidente de ASAGA, Francisco Bello, asegurou que “o sector agrario galego acudirá a capital de España cunha voz única, para denunciar que o medio rural é atacado e minusvalorado por parte das administracións”.
Para facilitar a viaxe ata Madrid, a Asociación Agraria de Galicia poñerá a disposición de todos os interesados autocares gratuítos que sairán dende moitos puntos da xeografía galega. Os interesados, poden obter máis información sobre as rutas e os horarios visitando ou chamando a súa oficina de ASAGA máis próxima.

Comments are closed.