COMUNICADO DA ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA
O agricultor e o gandeiro son os primeiros e máis importantes eslabóns da cadea agroalimentaria. Sen produtores non hai comida nas estanterías dos supermercados. Isto que resulta unha obviedade para calquera persoa con dous dedos de frente, parece non importarlle o máis mínimo nin á vicepresidenta Yolanda Díaz nin ao ministro Alberto Garzón. Baixo a excusa de que a cesta da compra subiu, e ante a súa inoperancia para tomar medidas efectivas para mellorar a situación, o único que se lles ocorre é propoñer un precio máximo de venda ao consumidor de determinados produtos esenciais.
Poñer un tope aos prezos, ademais de ser totalmente ilegal na UE, llevaríanos irremediablemente ao peche de miles de explotacións, ao desabastecemento, ao mercado negro, ao racionamento e, en definitiva, ao sálvese quen poida para non pasar fame. Non hai máis que ver o que pasa nos países comunistas tan admirados por estes nefastos gobernantes.
O que debería preocupar e ocupar ao Goberno é como se cumpren as leis que eles mesmos promulgan. Por exemplo, a recente “Lei da Cadea Agroalimentaria” que prohíbe a venda por debaixo dos costes de produción e dicta normas para un reparto equitativo do valor entre os distintos actores que interveñen na cadea; ou como se poñen os medios para que os controis e protocolos previstos na lei se poidan executar e facer cumprir a todos.
Os produtores de alimentos pasamos de ser heroes durante a pandemia, por seguir facendo o noso traballo e alimentando á poboación, a malvados por producir máis caro. Antes do Covid, da guerra e da inacción do Goberno; un agricultor ou un ganadeiro cobraba menos polo que vendía e o marxe era ridículo, pero agora, aínda cobrando máis polo que produce, todavía ten menos marxe ou, nalgúns produtos, incluso perdas puntuais.
Corren malos tempos para todos, pero a mellor solución sigue sendo o mercado e a lei da oferta e da demanda. Iso si, con regras e con mecanismos de control legais que eviten abusos dende o produtor ata o consumidor.
Ao cidadán medio hai que agradecerlle a súa confianza e a súa aposta polos nosos produtos nacionais, e apoialos dende o Goberno con políticas efectivas de redución de impostos, e non con ideas improvisadas que levaríannos ao caos.
Comments are closed.