Recentemente, o Goberno de España aprobou un decreto que obrigará á industria e á distribución a indicar no seu etiquetado a orixe do leite e dos produtos lácteos, a partir de xaneiro. Trátase dunha vella demanda da Asociación Agraria de Galicia, longamente trasladada pola nosa asociación ás diferentes administracións, e que agora se vai por fin facer realidade. E todo malia que outras organizacións agrarias rexeitaban inicialmente esta medida e, mesmo, se opoñían a ela.

Desde a Asociación Agraria de Galicia, en cambio, aplaudimos esta decisión, que é froito do Acordo Lácteo e que permitirá divulgar e dar a coñecer a trazabilidade total dos produtos leiteiros.

A Asociación Agraria de Galicia aplaude que se obrigue á industria a indicar no etiquetado a orixe dos produtos lácteos

[heading]Porcentaxe superior ao 50%[/heading]

De acordo ao texto do decreto, a orixe deberase indicar en todos os produtos nos que o leite empregado represente unha porcentaxe superior ao 50% respecto do total de ingredientes utilizados.

O texto legal afecta únicamente ao leite e derivados comercializados no ámbito xeográfico español e elaborados no noso país. Deste xeito, o decreto non se vai aplicar aos produtos fabricados ou comercializados noutros estados da UE ou en países terceiros.

[heading]Medida imprescindible[/heading]

Juan Orozco, secretario xeral técnico da Asociación Agraria de Galicia, valora o novo decreto e considera que “o etiquetado obrigatorio do país de orixe do leite é algo imprescindible”, porque os consumidores son “os primeiros interesados en coñecer a trazabilidade total dos produtos”.

O novo decreto vaise aplicar a diferentes produtos tales como o leite e a nata sen concentrar, o leite e a nata concentradas, os iogures, kéfires e demais leites e natas fermentadas, o lactosuero, a mantequilla, o queixo e o requeixo e a callada, entre outros.

A orixe deberase indicar en todos os produtos nos que o leite, como ingrediente, represente unha porcentaxe superior ao 50% do total

[heading]Entrada en vigor, en xaneiro[/heading]

Para que a industria poida adaptarse á nova normativa, a regulación non vai entrar en vigor ata o primeiro mes do vindeiro ano. Aínda así, vai establecerse un tempo de aplicación de dous anos para o seu pleno funcionamento.

Con esta norma, o Goberno Central quere contribuír a compensar a balanza comercial dos produtos lácteos en España, que é deficitaria, posto que importamos tres veces máis lácteos dos que vendemos. Por este motivo, moitos gandeiros e asociacións agrarias, como a nosa, levabamos anos reclamando que se indicara a orixe nacional do leite e dos seus derivados.

Comments are closed.