A Xunta de Galicia entregou esta mañá os Premios Agader cos que pretendeu amosar o compromiso do goberno autonómico coa innovación no agro galego, a diversificación da actividade económica, a dignificación do traballo da muller e a aposta polo recambio xeracional.

Nun acto celebrado en Santiago de Compostela presidido por Alberto Núñez Feijóo, os galardoados nesta edición foron a empresa Trasdeza Natur pola súa aposta tecnolóxica para transformar os produtos da horta ecolóxica a través de técnicas coma o deshidratado solar; o proxecto de Cristina Bañobre Lomba para arrendar e recuperar máis de 30 hectáreas para a produción hortícola; a cooperativa Levinred, por incorporar a innovación ao mundo do viño; os produtos delicatessen de Vegas de Sabugueiro e a aposta de Turisa Galicia polo turismo responsable e de calidade na Ribeira Sacra.

Tamén resultou galardoado o Festival da Luz, por converter Boimorto cada ano no referente da cultura e da música durante unha fin de semana; a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense pola súa sensibilidade coas persoas e os esforzos de integración que desenvolve e Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), por lograr a unión de miles de socios e o seu traballo pola dignificación da achega a muller no ámbito rural.

Os oito galardoados dan conta da potencialidade do agro galego

Comments are closed.