José González Vázquez

O presidente da Xunta vén de remodelar o Goberno galego con cambios que afectan á titularidade de varios departamentos. Así, a Consellería do Medio Rural foi asumida recentemente polo ourensán José González Vázquez, que era parlamentario autonómico do Grupo Popular e voceiro de temas de agricultura na Cámara galega.

Nacido na cidade das Burgas en 1970, o novo conselleiro é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado. Está especializado en inspección financeira e tributaria de aduanas e en impostos especiais.

González foi vogal nato do Comité e do Pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009.  Ademais, exerceu como profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro da Universidade de Vigo, entre os anos 2002 e 2006.

A súa predecesora no cargo, Ánxeles Vázquez, asumiu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Silvestre José Balseiro

[heading]Silvestre José Balseiro[/heading]

Á semana seguinte do seu nomeamento, o novo tituar do Medio Rural acometeu cambios no organigrama do seu departamento con dúas incorporacións que foron ratificadas polo Consello da Xunta. Como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias súmase á Consellería Silvestre José Balseiros Guinarte, en substitución de Belén Docampo, quen se traslada á Consellería de Medio Ambiente para formar parte do equipo da titular do Medio Rural saínte.

Silvestre José Balseiro formaba parte tamén do grupo parlamentario do PP no Hórreo. Foi vogal da comisión especial de incendios e voceiro desta misma área dentro deste grupo. O novo director xeral foi técnico informático da especialidade de aplicacións para a Administración Local. A súa experiencia profesional e carreira política estivo sempre moi vinculada ao ámbito municipal, tanto en calidade de empregado público na Delegación Provincial de Estatística en Pontevedra como, posteriormente, no Concello de Cerdedo. Neste municipio pontevedrés exerceu primeiro de tenente de alcalde e logo de rexedor, entre xaneiro de 2005 e outubro de 2016.

[heading]María Jesús Lorenzana[/heading]

Ademais, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o  nomeamento de María Jesús Lorenzana Somoza como secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural, quen dende outubro de  2015 ocupaba este mesmo posto na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Anteriormente, foi tamén secretaria Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña en xuño de 2004, María Jesús Lorenzana é, desde o ano 2007, letrada da Xunta de Galicia. Foi letrada nivel 28 da asesoría xurídica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e posteriormente da Consellería de Traballo e Benestar desde 2007 ata 2010. A nova secretaria xeral compaxinou durante o primeiro ano funcións consultivas con funcións xurisdicionais en defensa da Administración autonómica.

Desempeñou, posteriormente, o labor de letrada nivel 28 da Asesoría Xurídica Xeral —Gabinete de asesoramento e apoio á actualización normativa— desde marzo de 2010 a novembro de 2011. Desde esa data e ata o seu nomeamento como secretaria xeral de Medio Ambiente en febreiro de 2013, traballaba na Asesoría Xurídica da Presidencia da Xunta.

María Jesús Lorenzana Somoza ten impartido cursos de formación dirixidos a empregados públicos no ámbito da contratación pública, de procedemento administrativo e en materia de técnica de redacción de informes, así como cursos de teleformación sobre os aspectos legais de creación, reutilización e difusión de contidos dirixidos a persoal docente da Xunta.

Ánxeles Vázquez Mejuto

[heading]Medio Ambiente[/heading]

No marco dos cambios acometidos na Xunta por Núñez Feijóo, a anterior responsable do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, pasa a ocupar agora a titularidade do departamento de Medio Ambiente. Vázquez sumará ás competencias que tiña esta Consellería as de Vivenda, que ata o de agora dependían de Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas. Xunto a isto, o departamento que dirixe Ethel Vázquez recupera as competencias da xestión da auga, que estaban en Medio Ambiente.

Luis Planas e Fernando Miranda

 

[heading]Cambios no Goberno Central[/heading]

O cambio de Goberno en Madrid trouxo consigo o nomeamento de Luis Planas como novo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en substitución de Isabel García Tejerina. Tras a súa chegada ao Ministerio, Planas elevou ao Consello de Ministros o nomeamento de Fernando Miranda como novo secretario xeral de Agricultura e Alimentación, do que penden directamente catro direccións xerais. Do Ministerio que dirixe Planas forma parte tamén a coruñesa Alicia Villauriz, como nova secretaria xeral de Pesca.

Alicia Villauriz

 

Comments are closed.