Calidad Pascual anunciou esta mañá que vén de acadar o certificado Benestar Animal Aenor Conform nas súas 348 explotacións provedoras de leite. Convértese, deste xeito, no único gran fabricante con todas as súas granxas certificadas.
Nun acto celebrado na granxa de Fuentespina (Burgos), Calidad Pascual e os seus gandeiros recibiron de Aenor esta distinción, que recoñece un dos valores diferenciais da empresa: o seu traballo no campo. Un primeiro eslabón da cadea que condiciona o bo facer e os estándares de calidade do resto da cadea.
[heading]Diferentes parámetros[/heading]
O certificado acredita que as granxas de Pascual compren cos requisitos do modelo Aenor de Benestar Animal, desenvolvido xunto ao Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA) e baseado no referencial europeo Welfare Quality®, o estándar empregado para facer as avaliacións na granxa.
En síntese, este modelo de acreditación pioneiro en Europa ten en conta diferentes parámetros agrupados en catro principios básicos: boa alimentación, bo aloxamento, bo estado de saúde e comportamento axeitado para as necesidades da especie.
Pascual convértese no único gran fabricante con todas as granxas certificadas en benestar animal
[heading]Sobre Pascual[/heading]
Tomás Pascual Sanz fundou Leite Pascual no ano 1969. Foi pioneiro en introducir en España durante os anos 70 a uperisacion do leite e o envasado en tetra brik. Tamén, nos anos 80, comezou a elaborar os primeiros leites desnatados e semidesnatados do mercado.
A súa obsesión pola calidade levouno a ser líder do mercado lácteo en España. Hoxe, Pascual está presente en máis de 10 millóns de fogares e o seu obxectivo é volver ser un referente lácteo. Pero o consumidor mudou e na actualidade a súa preocupación polo benestar animal está en auxe tanto no mercado lácteo coma no resto da alimentación. Segundo o último Eurobarómetro sobre protección animal, o 94% dos españois outorga importancia ao benestar dos animais na granxa.
[heading]Estruturas socialmente viables[/heading]
“As empresas adaptámonos ao estilo de vida das persoas. Pero isto non é novo en Pascual. O meu pai dicía uqe nós non queremos leite. Resulta chamativo así dito. E é que nós non facemos o leite, o leite fano as nosas vacas. O noso obxectivo é dar o mellor en cada parte do proceso, para garantir que chega o mellor do noso leite á túa casa. O meu pai foi consciente desde os inicios dos 70 que as estruturas produtivas do sector primario debían ser socialmente viables e economicamente rendibles, á vez que respectuosas co ambiente. Abriu o camiño coa calidade como máximo estandarte e hoxe mantemos o mesmo espírito”, explicou Tomás Pascual, presidente de Calidad Pascual, no marco do acto celebrado en Fuentespina.
Porén, no século XXI as simples promesas non valen, “queremos ser transparentes cos nosos consumidores”, indicou tamén o presidente da compañía.
A empresa traballa no relanzamento da súa marca insignia baixo o lema “Dar o mellor”
[heading]Escoita activa[/heading]
A consecución desta certificación enmárcase dentro do relanzamento da marca insignia da compañía, con case 50 anos de historia. O seu novo posicionamento “Dar o mellor” reflicte unha forma de traballo enfocada a obter a máxima calidade desde a orixe, cun novo deseño e melloras no envase froito da escoita activa que fai aos seus consumidores.
Comments are closed.