A Asociación Agraria de Galicia está desenvolvendo un proxecto para mellora-la operatividade das granxas de produción de leite e carne. Na súa execución colaboran a Consellería do Medio Rural, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
O proxecto ten coma finalidade aumenta-lo coñecemento dos parámetros operativos das granxas de produción de leite e carne. Para elo formúlase un sistema que funciona coma unha ferramenta de xestión e apoio á toma de decisións nos ámbitos ambiental e produtivo, mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía e tecnoloxía para a adquisición de datos de entradas e saídas no propio complexo. Os datos con fluxos de materiais e enerxía, englobando materias primas, produtos e emisións.
[heading]Logos das entidades colaboradoras:[/heading]
FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2014-2020
MEDIDA: 16
Comments are closed.