A Asociación Agraria de Galicia apoia ás sociedades de caza ante a grave inxustiza que pode poñer en perigo a súa supervivencia. E é que só neste primeiro mes do ano os cazadores xa viron como dúas sentencias xudiciais os facían responsables dos danos provocados por xabarís en explotacións agrícolas ou gandeiras, e os condenaban a pagar os danos aos perxudicados.

O primeiro caso tivo lugar o 12 de xaneiro cando o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilalba condenou ao TECOR de Xermade a abonar 10.171 €, así coma os intereses moratorios, ao propietario dunha explotación bovina polos danos que provocaron nalgunhas parcelas varios xabarís. Só unha semana máis tarde, o Xulgado de Lalín condenou ao TECOR de Dozón a abonar 6.145 €, máis intereses, a un gandeiro polos danos que os porcos bravos causaron en varias plantacións de forraxe.

Sentencias coma estas demostran que é imprescindible modificar a Lei de Caza da Xunta, coma ven demandando dende hai anos a Asociación Agraria de Galicia. É totalmente inadmisible que o colectivo dos cazadores, a través das sociedades de caza, teñan que compensar aos gandeiros e agricultores afectados polos danos ocasionados por xabarís, corzos ou outras especies de caza maior. Non esquezamos que son os propios afeccionados a este deporte os que consiguen paliar en parte os destrozos ocasionados pola fauna salvaxe, gracias as batidas que realizan durante os períodos legalmente permitidos. É máis, se non fose polos cazadores a situación no medio rural galego sería moitísimo peor xa que a superpoboación de especies salvaxes invasoras sería imposible de controlar.

Os xulgados de Vilalba e Lalín condenaron a dous tecores a pagar os danos ocasionados por xabarís en explotacións agrícolas

 

[heading]Perigo de desaparición[/heading]

Se non se modifica a Lei de Caza, e se os xulgados continúan condenando aos cazadores, as sociedades de caza veranse abocadas á desaparición. Se se consumara a “extinción” destas entidades, o problema ao que se enfrentarían os gandeiros e agricultores galegos sería moito máis difícil. A poboación dos animais aumentaría notablemente ano a ano, e os danos multiplicaríanse. Uns danos aos que, ademais, tería que facer fronte a administración autonómica, xa que os terreos que deixasen de estar xestionados polas sociedades de caza pasarían a depender directamente da Xunta. É dicir, a sociedade en xeral tería que asumir esos elevadísimos costes.

Entendemos que esta situación sería alarmante en calquera rexión, pero máis aínda en Galicia onde a caza é unha actividade social. Actividade, por outra parte, na que a maioría dos seus participantes tamén son agricultores e gandeiros. Sería moi difícil entender o media rural na nosa comunidade sen a presencia de cazadores.

Comments are closed.