Actualmente, un dos principais problemas cos que nos atopamos en España é a gran cifra de desempregados que existe. Os mencionados desempregados poden ser de longa ou curta duración, xa que moitos deles enfróntanse a diario a contratos temporais con baixa remuneración ou unhas condicións laborais precarias, e, cada pouco tempo, convértense de novo en demandantes de emprego.

Este é un dos temas que asusta e preocupa aos mozos e non tan mozos de cara ao futuro, pois os maiores de 55 anos e as mulleres tamén se atopan con numerosas dificultades para incorporarse á vida laboral de novo.

Dadas as circunstancias, moitos deles optan por emprender un novo negocio, en moitas ocasións con actividades que nada teñen que ver coa realizada anteriormente. O problema chega cando comeza a informarse sobre o proceso que deben seguir, xa que se atopan con moitas dificultades para acceder a estes datos sen custo algún.

Moitos deles acoden as nosas oficinas preguntando cuestións relacionadas con este tema. Esa é a razón pola que dende Asaja queremos desenvolver este proxecto, para axudar e asesorar a todos aqueles que decidan incorporarse a un novo negocio, non só no ámbito agrario, xa que moitas destas persoas non se deciden a incorporarse no réxime especial de traballadores autónomos.

Para iso, poden realizar todas as súas consultas cos nosos técnicos especialistas:

No teléfono: 91 533 67 64

Na Sede nacional: Calle Agustín de Bethencourt, 17 – 2ª planta

Nos correos electrónicos:

miguel.angel@asaja.com

lola.magan@asaja.com

mauricio@asaja.com

antonio@asaja.com

Comments are closed.