A Asociación Agraria de Galicia valora positivamente a decisión da Consellería de Medio Ambiente de declarar a “Emerxencia cinexética temporal” en 4 áreas galegas que agrupan a 33 concellos para poñer freo á praga de xabarís que sufrimos. Tras esta decisión, nos terreos cinexéticos permitirase a caza durante todos os días da semana, salvo nas zonas libres nas que se especifican certas salvedades no relativo aos días permitidos. A partir de agora, os cazadores tamén poderán bater ou capturar exemplares de xabaril sen límites de cupo de ambos sexos, durante o período hábil de caza, que abranguerá ata o 29 de febreiro de 2020.

 

Os ataques de xabarís ás prantacións agrícolas galegas é un feito que a Asociación Agraria de Galicia leva denunciando dende hai moitos meses. Así llo comunicou o presidente da organización, Francisco Bello, á conselleira de Medio Ambiénte, Ánxeles Vázquez, na reunión que mantiveron ás poucas semanas de que tomase posesión do seu novo cargo na Xunta de Galicia.

 

[heading]Comunicación previa[/heading]

Dentro deste conxunto de actuacións, tamén se autorizan medidas de agarda ou espera. De xeito excepcional, poderase empregar un visor convencional óptico de aumento durante as prácticas nocturnas e fontes luminosas para a iluminación dos albos ou pezas de caza. Outras das medidas que se habilita con esta situación é que se autoriza aos propietarios dos terreos afectados a realizar, persoalmente ou mediante terceiros, agardas ou esperas, con autorización do titular do aproveitamento cinexético; e se permitirá a captura de exemplares mediante o emprego de gaiolas.

 

É importante lembrar que cando algún Tecor queira realizar unha cacería nunha xornada que non esté prevista no seu plan anual de aproveitamento da tempada 2019/2020, deberá comunicarllo á correspondente Xefatura Territorial cunha antelación mínima de dez día naturais. Este punto será un dos que máis problemas pode causar, se a administración non destina os recursos necesarios. Se na actualidade xa se producen ás veces retrasos nos trámites burocráticos que hai que realizar, a pesar dos poucos días nos que se pode cazar, se se multiplican as xornadas hábiles deberemos dotar á administración dos medios suficientes para poder xestionar tódalas peticións que van recibir.

 

[heading]Implicación dos agricultores e a administración[/heading]

E moi importante que os agricultores e gandeiros se impliquen na resolución de este grave problema, xa sexa tanto denunciando os danos que se producen, coma colaborando cos cazadores nas novas medidas previstas pola Administración destinadas a por fin a Praga do xabarin que tantas perdas nos ocasiona.

 

Asimesmo, destácase a necesidade de que os concellos, as deputacións provinciais, a administración galega e mesmo o Adif (nas contornas das vías e nas escombreiras), se impliquen nas medidas informativas e preventivas de xestión da biomasa forestal, e de control das zonas de maleza, xa que estas zonas próximas aos núcleos poblacionais e os cultivos son idóneas para a cría e o asentamento dos xabarís, onde atopan refuxio, facendo propicia a súa incursión nas cidades na procura de alimento e protección.

Ante o gran aumento dos días hábiles para realizar cacerías, debemos pedir prudencia aos cazadores para evitar accidentes

[heading]Prudencia necesaria[/heading]

Dende a Asociación Agraria de Galicia tamén queremos facer un chamamento aos cazadores da nosa comunidade para que extremen as medidas de seguridade e para que sexan moi prudentes nas cacerías que se realicen fóra das xornadas tradicionais de caza. Aínda que sabemos que a gran maioría dos cazadores galegos son moi sensatos, entendemos que esta multiplicación dos días hábiles para abater xabarís pode crear certa confusión e pode aumentar os perigos desta actividade.

 

Para reducir riscos, será fundamental a labor formativa que se destine á poboación en xeral e aos propios cazadores en particular. Debemos entender que estamos falando dunha medida excepcional, que se non se aproveita adecuadamente pode provocar un aumento da siniestrabilidade.

 

 

Comments are closed.