Este mediodía inaugurouse Cimag-GandAgro, a III Feira Profesional de maquinaria, Agricultura e Gandaría que se celebrará ata o sábado en Silleda. Tralo acto inaugural, os conselleiros de Presidencia, Alfonso Rueda, e do Medio Rural, José González, visitaron o stand que a Asociación Agraria de Galicia ten no Pavillón 1.
Estiveron acompañados nesa visita institucional polo director xeral de Desenv olvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o responsable de Economía e Cooperación Municipal da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font.
[heading]Pedro Barato[/heading]
Nesta xornada inaugural, o presidente de ASAJA España, Pedro Barato, tamén se achegou ata o stand da nosa organización, para coñecer tódolos servizos que ofrecemos aos nosos socios, así como ao personal das oficinas da asociación en Santiago, Silleda e Lalín.
Podedes visitar o stand da Asociación no Pavillón 1, de 10 a 19 horas, ata o sábado 23 de febreiro
Comments are closed.