Se o goberno central non confirma a concesión de 60 anos concedida polo executivo anterior, todo o sector forestal galego sufrirá unha das peores crises da súa historia. De ENCE non só dependen 5.100 empregos directos e indirectos, dos cales máis de 2.000 son do sector forestal; dependen tamén miles de familias do rural galego que tódolos anos reciben en torno a 50 millóns de euros pola venda da súa madeira á pastera pontevedresa. Se finalmente o goberno presidido por Pedro Sánchez non mantén a prórroga otorgada a ENCE ata 2073, as consecuencias para Galicia poden ser terribles.
Afortunadamente, o comité executivo da empresa asegurou este luns que manterá tódalas inversións previstas na factoría da cidade do Lérez en 2019, orzamentadas en 50 millóns de euros. Como é normal, iso si, conxelou temporalmente as que ia facer a partir de 2020. Dende a Asociación Agraria de Galicia entendemos que é imprescindible que se solucione esta situación canto antes, dándolle a fábrica de papel tódalas garantías necesarias de que ten asegurada a súa permanencia en Galicia ata 2073. Só dese xeito nos aseguraríamos que se realicen as grandes inversións que se comprometeron a levar a cabo dende este ano ata 2023. Entre elas, se atopan importantes proxectos para mellorar as condicións laborais dos empregados da pranta, e obras fundamentais para continuar mellorando no coidado do noso medio ambiente.
Se finalmente o goberno central non asegura a prórroga de 60 anos concedida polo executivo anterior, se perderían máis de 5.100 empregos
[heading]Resposta das institucións galegas[/heading]
A Asociación Agraria de Galicia quere pedir a tódolos responsables políticos galegos que defendan os intereses da nosa comunidade. Non poden permitir que desapareza unha das principais fontes de emprego que temos, que ademais é unha parte fundamental da estructura do noso sector forestal. Sería imperdonable que non
se respondese como é preciso ás actitudes irresponsables das asociacións supostamente ecoloxistas que esixen o peche da factoría pontevedresa, sen importarlle cantos miles de familias se quedarían sen ingresos. Na comarca de Pontevedra e en todo o rural galego.
É máis, se esta situación de incertidume se mantén, a dirección da compañía en Madrid xa avisou que estudiaría a viabilidade de pechar a planta de Lourizán e trasladar a súa producción á fábrica que teñen en Asturias. Se esta posibilidade se convertise nunha realidade, miles de productores forestais de Galicia terían que estudiar se as súas explotacións poderían seguir sendo rendables, véndose moitos deles forzados a abandonar a súa actividade.
[heading]Apoio dos empresarios[/heading]
Dende a nosa organización compartimos totalmente a mostra de apoio que a Plataforma en Defensa da Industria en Pontevedra lle deu esta semana a Ence. Os empresarios alertaron á sociedade sobre que “unha eventual marcha da fábrica de celulosa provocaría tamén a deslocalización de Pontevedra do escaso texido industrial que queda na comarca, por mor de que non terían a quen ofrecer os seus servizos”. Esta organización empresarial, que conta co apoio de máis de 200 compañías e esta liderada por José Moreno de Metalyset e Agustín Nogueira do Grupo Nogar, tamén alertou de que “ENCE non é só Pontevedra, dela dependen miles de familias do rural galego e asturiano”.
Comments are closed.