A Consellería do Medio Rural enviou notificacións oficiais aos beneficiarios de axudas á reestructuración e reconversión do viñedo nos anos 2015, 2016 ou 2017, nas que lles esixe que teñen que presenta-la solicitude única da PAC declarando nela tódalas parcelas agrícolas (de viñedo ou de calquera outro uso ou cultivo agrícola) da súa explotación. Ainda que hoxe era o último día no que se podía presentar, ante os númerosos casos de viticultores afectados que descoñecían esta obriga, ampliouse o prazo ata o vindeiro luns 7 de maio.
A tramitación da solicitude única deberá facerse utilizando o rexistro electrónico e a aplicación informática SGAcap accesible dende o enderezo hhttps://sede.xunta.es. Esta tramitación poderá facela o propio afectado a través desta páxina web, ou a través das entidades colaboradoras.
Os afectados poden achegarse pola súa oficina da Asociación Agraria de Galicia máis cercana para que lles axudemos coa solicitude única
Deben gardar as notificacións, xa que na parte superior das mesmas figura un código de identificación (CIP) de 10 díxitos que é imprescindible para acceder aos datos necesarios para compreta-la súa solicitude única PAC-DR 2018, ou para realizar calquera outra xestión relacionada con esta (alegacións ao SIXPAC, etc.).
Os afectados que queiran consultar as súas dúbidas sobre esta obriga, ou os que estén interesados en que lles axudemos coa presentación da PAC, poden achegarse pola oficina da Asociación Agraria de Galicia máis cercana.
Comments are closed.