Unha delegación liderada por ASAGA revisará os paneis solares instalados nas bodegas e actualizará sobre o estado do proxecto.

Unha delegación do consorcio SOST4VID, liderada pola Asociación Agraria de Galicia ASAGA, visitou este mércores a adega Guímaro, onde se está a desenvolver unha das patas da iniciativa. En concreto, o grupo percorrerá a instalación de paneis solares, coa que se quere estudar o seu impacto na plantación e analizar as posibilidades que abre. Ademais, organizarase unha reunión informativa entre os socios do consorcio, na que se actualizará sobre o estado do proxecto.

Na cita estarán tamén as empresas SOLTEC INGENIEROS S.L. —que lidera con ASAGA o consorcio— e a propia adega, o centro de investigación EVEGA, a consultora MEDRAR INNOVATION OFFICE e representantes da bodega As Laxas, na que se localiza outra das instalacións do proxecto.

En concreto, a iniciativa quere afondar no uso de tecnoloxía agrovoltaica nas plantacións de viñedos. Para isto empréganse paneis solares non opacos, que garanten o paso de luz solar suficiente para o crecemento dos cultivos, xunto aos que se monta unha pequena estación de control meteorolóxico, para controlar as distintas variables que poden afectar aos cultivos.

Os paneis levan máis de seis meses instalados nas plantacións das bodegas Guímaro, en Sober (Lugo), e As Laxas, en Arbo (Pontevedra). Prevese que na reunión informativa poranse en común os primeiros datos recollidos durante este tempo, que permitirán analizar o potencial da iniciativa tanto a nivel de captación de enerxía solar como do seu impacto no consumo eléctrico e na pegada de carbono e nos efectos que pode ter na uva. Estímase que a finais de 2026 realizarase a presentación de resultados.

O proxecto SOST4VID desenvolverase durante tres anos, ao amparo das axudas convocadas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) no ano 2023 para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027.

 

Leave A Comment