A Xunta Directiva Nacional da asociación, da que forma parte o presidente de ASAGA, Francisco Bello, alertou hoxe das importantes carencias que presenta a iniciativa do Goberno estatal

A Xunta Directiva Nacional de ASAJA, coa presencia do presidente da Asociación Agraria de Galicia, Francisco Bello, estudiou e debateu hoxe en Madrid o documento de propostas presentado o pasado 25 de marzo polo Ministerio de Agricultura en resposta á campaña de movilizacións levadas a cabo polos agricultores e gandeiros españois, en demanda de medidas para facer frente á grave crise na que se atopa inmerso o sector agrario. O máximo órgano de decisión entre asambleas de ASAJA considerou positivas unha parte das propostas do ministerio, ainda ve carencias moi importantes en materias concretas e ausencia de medidas en sectores produtivos que necesitarían unha resposta máis decidida.

Analizados pormenorizadamente os distintos bloques de medidas, ASAJA acolle con satisfacción o esforzo de simplificación de algunhas medidas de aplicación da PAC, tal e como promoveu a Comisión Europea e que o Ministerio de Agricultura trasladou ao Plan Estratéxico de aplicación en España (PEPAC). Lamentablemente, algunhas destas medidas, que ASAJA viña demandado xa dende hai meses, chegan tarde e unha vez pasada a planificación e o tempo de plantación por parte dos titulares das explotacións. A flexibilización dalgúns requisitos dos “ecorexímenes” responde a unha lóxica agronómica e á necesidade de adaptar eses requisitos ás realidades climáticas e produtivas das explotacións, necesaria para a aceptación deses sistemas voluntarios en favor do clima y o medio ambiente.

Valoramos o mantemento da devolución do Imposto de Hidrocarburos para o gasóleo agrícola, así como as reduccións nas facturas no IRPF dos carburantes e os fertilizantes, do 15% do rendemento neto no réxime de módulos do IRPF, ao igual que a nova medida de non incluír o IVA compensatorio na base impoñible do IRPF en módulos para alcanzar o límite de 250.000 euros para a permanencia no réxime.

Ata aquí algúns dos aspectos máis favorables incluídos no citado documento de propostas, a xuizo de ASAJA. Nembargantes, hai outros aspectos moi relevantes para o día a día da actividade produtiva e comercial dos profesionais agrarios que quedan paralizadas ou sen vías de solución.

[heading]Comercialización dos produtos[/heading]

No relativo os aspectos comerciais dos produtos agrarios, nin dende Bruselas, nin dende o Goberno de España abordáronse cuestións de gran trascendencia como é a aplicación rigurosa do principio de reciprocidade (cláusulas espello) para os produtos importados de terceiros países que entran en clara competencia desleal coas producións comunitarias.

En relación cos costes de produción, non se recollen no documento presentado polo Ministerio de Agricultura medidas claras destinadas a rebaixar os mesmos. Botamos en falta medidas que son competencia de outros ministerios, como son as bonificacións en materia de Seguridade Social para facer fronte ás subidas reiteradas do SMI (Ministerio de Seguridade Social), a adaptación dos contratos de 90 días da reforma laboral para as campañas agrarias (Ministerio de Traballo), o incremento dos gastos de difícil xustificación e revisión das amortizacións para os agricultores e gandeiros no réxime de estimación directa do IRPF (Ministerio de Facenda) e a aplicación da dobre tarifa eléctrica, con carácter estructural (Ministerio de Transición Ecolóxica).

[heading]A gandería[/heading]

A gándería é, en opinión de ASAJA, a gran esquecida do documento de propostas do Ministerio de Agricultura, e require un plan específico para afrontar a crise que inclúa un Plan Integral de Sanidade Animal, modificar o número de inspeccións gandeiras, rematar coa burocracia e os trámites administrativos; a disminución da carga gandeira (PAC), a paralización da normativa europea de benestar animal e a saída do lobo do LESPRE.

Por último, entre as medidas propostas tampouco atopamos solucións a tres problemas estructurais que afectan ao sector agrario: a falta de vertebración do imprescindible recurso da auga, que segue sen ter un tratamento global que inclúa novos plans e infraestructuras que permitan a optimización dos recursos, unha revisión, en profundidade, do actual sistema de seguros agrarios para atender a siniestralidade extraordinaria provocada polo cambio climático dende fóra do sistema e medidas efectivas para incorporar Xóvenes ao campo cun plan integral coordinado coas comunidades autónomas, capaz de revertir as baixas cotas de relevo xeneracional no sector agrario.

Por todo iso, a Xunta Directiva de ASAJA non considera que as propostas presentadas polo Ministerio de Agricultura sexan suficientes para abordar os numerosos e complexos problemas que afectan ao sector e que levaron a unha situación límite como quedou patente coa campaña de movilizacións que durante mais de dous meses desenvolveuse en todo o territorio nacional.

 

 

Comments are closed.