ASAGA ven de asinar un novo convenio de colaboración coa empresa Medical Impex a través do que as persoas asociadas gozarán de condicións preferentes na adquisición de produtos desta empresa.
En concreto, farase un 15% de desconto sobre os prezos para clientes profesionais, e ademais poderase acceder a transporte incluído sempre que se superen os 1.000 euros de pedido. Ademais, Medical Impex lanzará ofertas adicionais exclusivas para persoas asociadas de ASAGA, que ademais terán á súa disposición ao persoal da compañía para atender a solicitudes puntuais ou necesidades específicas.

Sección de gandería

Os produtos incluídos no convenio son, de forma xenérica, aqueles da sección de gandería da web de Medical Impex. Estes serían, por unha banda, os centrados na alimentación completa con pensos complementarios e nutracéuticos. Están destinados a, entre outros, animais de granxa, como apoio nutricional para soster as funcións fisiolóxicas. Tamén se inclúen os produtos das marcas Vetanima, Prodivet e Crida Pham, aos que cedo se engadirán outros cos que xa se está traballando. Outra das áreas é a de medicamentos veterinarios.
Medical Impex é unha compañía fundada no ano 2023, co obxectivo de traer a España medicamentos xenéricos e suplementos nutricionais en exclusiva en condicións vantaxosas para a súa clientela. Conta co primeiro almacén de distribución de medicamentos veterinarios da Comunidade Valenciana.

 

Leave A Comment