A Asociación Agraria de Galicia pídelle ás entidades financeiras que non deixen aos concellos pequenos sen un servizo fundamental

Despois das decisións tomadas por varias entidades bancarias (entre as que se atopa a maioritaria na nosa comunidade, ABANCA) de pechar oficinas en diferentes concellos das catro provincias galegas, a Asociación Agraria de Galicia quere manifestar o seu total rexeitamento a esta política empresarial. Na maioría dos casos, estamos a falar de que moitos concellos se quedarán sen ninguna entidade bancaria no seu termo municipal.

De non dar marcha atrás, esta situación obrigaría a moitos habitantes do noso rural a facer grandes desprazamentos para facer calquera xestión financeira, ou simplemente para sacar diñeiro en efectivo. Distancias ás que, na maioría dos casos, habería que sumar os quilómetros que xa teñen que recorrer dende a súa casa ata a parroquia na que se atopa a oficina, cando non viven na capital municipal.

[heading]Graves prexuízos para os empresarios agrícolas[/heading]

Un dos colectivos máis perxudicados por esta decisión é o dos empresarios e os profesionais do agro. Os propietarios das explotacións agrícolas, gandeiras e forestais necesitan ter no seu propio concello unha atención personalizada que lles facilite as múltiples xestións que precisan para desenvolver a súa labor profesional: créditos, hipotecas, xestión da PAC, búsqueda de financiación, etc. Un agricultor ou gandeiro que traballa os sete días da semana non se pode permitir perder toda unha mañá ou todo un día para desprazarse a outro concello se quere facer calquera xestión bancaria.

Dende ASAGA pedimoslle aos dirixentes de ABANCA e do resto de entidades financeiras que reconsideren esta decisión, xa que o dano que lle poden facer ao rural galego é terrible. Nesta época na que tanto se fala da “España vacíada” e da necesidade de políticas que favorezan a fixación de habitantes nos pobos, o peche das oficinas bancarias significaría unha grave perda dentro dos xa de por sí escasos servizos dos que dispoñemos nas comarcas menos habitadas.

Fotografía: César Quián, La Voz de Galicia

Comments are closed.