O Executivo incumple o seu compromiso coas organizacións profesionais agrarias e inclúe ao lobo ibérico no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE)
A pesar das moitas reunións, dos intensos diálogos, dos múltiples argumentos e da total oposición das Comunidades Autónomas con presencia do lobo, o Goberno acaba de prohibir realizar ningún tipo de xestión cinexética deste depredador. A publicación no BOE da inclusión do lobo no Listado de Especies Protexidas (LESPRE) caeu coma un xarro de auga fría sobre os gandeiros e as súas organizacións representativas.
Dende a Asociación Agraria de Galicia comparten o rexeitamento de COAG, UPA e ASAJA a esta medida, pois consideran que é allea aos intereses da gandería e do medio rural. O lobo causa graves danos ao gando, pois aliméntase del, moi especialmente daquelas explotacións que practican a gandería extensiva.
“A protección do lobo é unha medida tomada dende os despachos e non dende os pobos. Calquera que viva no medio rural e conviva co lobo sabe que a mellor xestión non é a total protección”, sinalan dende as organizacións agrarias. O malestar co Ministerio para a Transición Ecolóxica é grande, pois consideran que tomouse unha medida “tendenciosa e ideolóxica” basada nunha falsedade coma que o lobo está ameazado en España, cando non é así.
[heading]Falta de palabra[/heading]
Ademais, acusan á ministra Teresa Ribera e ao seu equipo de “falta de palabra” pois comprometéronse a negociar o protocolo de xestión da especie antes de tomar esta medida de incluír ao lobo no LESPRE. Por todo elo, piden a dimisión da ministra de Transición Ecolóxica.
“A blindaxe do lobo é un ataque á gandería e ás razas autóctonas da Península Ibérica. Os ataques ao gando aumentarán. As pérdas da gandería aumentarán. O despoboamento aumentará”; pronostican os gandeiros. ASAJA, COAG e UPA apelaron ás Comunidades Autónomas con presenza de lobos a que “poñan todos os medios ao seu alcance, políticos e xurídicos, para protexer aos seus gandeiros ante a inseguridade que xenera esta medida”.
“Seguiremos loitando e facendo oír a nosa voz”, advirten as organizacións. “Non permitiremos que nos condenen á extinción. Traballaremos para que no campo siga habendo vacas, cabras, ovellas, cabalos y demais animais. E non só lobos”. As organizacións están xa estudiando a convocatoria de movilizacións de rexeitamento a esta medida.
Comments are closed.