ASAGA-Lugo non entende porque onte o Partido Socialista rexeitou na Deputación Provincial de Lugo a moción presentada polo PP para manter o actual status de protección do lobo. Deste xeito, o PSOE de Lugo votou xusto o contrario do que fixeron os seus compañeiros no Parlamento de Galicia hai só sete días, cando conxuntamente co Partido Popular pedíronlle ao Goberno que non inclúa ao lobo coma especie protexida.
A Asociación Agraria de Galicia ve necesario mostrar o seu malestar ante esta decisión política que vai en contra da postura da inmensa maioría dos gandeiros lucenses e galegos, das organizacións agrarias, e, coma dixemos antes, da súa dirección autonómica.
O Partido Socialista votou o contrario na Deputación do que fixera hai 7 días no Parlamento cando se opuxo a incluir ao lobo coma especie protexida
Comments are closed.